Oaxaca (oa'xaka AFI2, coloquial: huajáka AFI2), é un dos trinta e un estados que, xunto coa Cidade de México, forman os Estados Unidos Mexicanos.

A súa capital e cidade máis poboada é Oaxaca de Juárez.

Xeografía Localización Está situado na Rexión Suroeste do país.

Límites Limita ao norte con Puebla e Veracruz, ao leste con Chiapas, ao sur co océano Pacífico e ao oeste con Guerrero.

Superficie e poboación Cunha superficie de 93 757 km², é o quinto estado máis extenso, por detrás de Chihuahua, Sonora, Coahuila e Durango.

E con 3 967 889 de habitantes en 2015, é o décimo máis poboado.

Subdivisións O estado está dividido en 570 municipios, 418 dos cales gobérnanse baixo o sistema de usos e costumes, con formas locais recoñecidas de autogoberno.

Historia O estado foi fundado o 21 de decembro de 1823.La Diputación Provincial y El Federalismo Mexicano.

Poboación indíxena O estado é coñecido principalmente polos seus pobos indíxenas, representados por máis de 16 grupos étnicos, dos que os zapotecos e mixtecos son os de maior representación. Estes pobos sobreviviron e mantiveron os seus usos e costumes con maior éxito que os resto dos indíxenas do territorio nacional, grazas ao esgrevio e illado territorio do estado."Grupos indígenas de Oaxaca: Datos generales" por Naí Botello. Consultado o 31 de maio de 2030.

Importancia turística

A maioría destes grupos indíxenas habitan a zona centro do estado, cuxa riqueza cultural, que inclúe zonas arqueolóxicas como Monte Albán e Mitla, convértena nunha zona turística de importancia.¿Qué hacer en Oaxaca?. Consultado o 31 de maio de 2010.Hansen, Mogens H., ed. (2002): "A comparative Study of Six City- State Cultures", An Investigation Conducted by the Copenhagen Polis Centre, Copenhagen.

Outras zonas turísticas de importancia encóntranse na costa, con complexos de importancia como Huatulco, Zipolite, Puerto Escondido, Mazunte e Baía de Tembo.

Biodiversidade Oaxaca está considerada como un dos estados con maior biodiversidade polo seu número de especies endémicas de réptiles, anfibios, mamíferos e plantas.

Segundo diversas fontes, Oaxaca é líder en biodiversidade. Existen ao redor de 8 431 especies de plantas vasculares, 1 431 de vertebrados e máis de 3 000 de invertebrados, o que fai deste estado a entidade con maior riqueza biolóxica de México. Deste total, 702 especies de plantas e 128 de vertebrados son endémicas.

Xeoloxía Na rexión, a placa norteamericana colide coa placa de Cocos, que subduce. O 23 de xullo de 2020 sufriu un terremoto de magnitude 7,4 na escala Richter, implicando movementos de terra de ata 0,45 m.

Galería de imaxes da fauna de Oaxaca

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial . Diagnóstico dos pobos indíxenas de Oaxaca: Migración Portal das tres Mixtecas - Cultura Mixteca. Información de poboación do INEGI.