Kapila (en ) é o nome dado a varias personaxes en textos antigos e medievais, dos que o máis coñecido é o fundador da escola Samkhya de filosofía hindú., Cita: "Kapila (fl. 550 BC), Vedic sage and founder of the system of Samkhya, one of the six schools of Vedic philosophy." Kapila de Samkhya está considerado un sabio védico, que se estima que viviu no século VI ou VII a.C..

Rishi Kapila está recoñecido como o autor do influente Samkhya-sutra, en que os sutras aforísticos presentan a filosofía dualista da Samkhya. A influencia de Kapila sobre Buda e o budismo é obxecto de estudos académicos.Max Muller et al. (1999 Reprint), Studies in Buddhism, Asian Educational Services, , páxinas 9–10W. Woodhill Rockhill (2000 Reprint), The Life of the Buddha and the Early History of His Order, Routledge, , páxinas 11–19

Moitas personalidades históricas do hinduísmo e o xainismo, figuras míticas, lugares de peregrinación e mesmo unha antiga variedade de vacas levan o nome de Kapila. miniatura|Estatua de Kapila Maharshi, Nashik Traxectoria O nome Kapila aparece en moitos textos, e parece claro que se refire a persoas diferentes. A referencia máis célebre é ao sabio Kapila e o seu alumno Āsuri, que na tradición india están considerados os primeiros mestres da escola Samkhya da filosofía hindú. Aínda que é anterior a Buda, non está claro en que século viviu; algúns suxiren que no século VI a.C.Kapila Encyclopædia Britannica (2014) Outros sitúano no século VII a.C.PT Raju (1985), Structural Depths of Indian Thought, State University of New York Press, , páxina 304 Isto localízao no final do período védico (1500 a 500 a.C.), e el mesmo foi chamado sabio védico., Cita: "Kapila was a Vedic sage (ca. 550 B.C.) and founder of the Samkhya school of Vedic philosophy.";

Kapila está considerado o autor dunha sutra influente chamada Samkhya-sutra ou Kapila-sutra, que presenta mediante aforismos a filosofía dualista da Samkhya.Kapila (James Robert Ballantyne, Translator, 1865), , pages 156–157Max Muller et al. (1999 Reprint), Studies in Buddhism, Asian Educational Services, , páxina 10 con nota ao pé Estas sutras foron explicadas noutro texto do hinduísmo ben estudado chamado Samkhyakarika. Ademais de nas teorías da Samkhya, apare en moitos diálogos de textos hindús, como na explicación e deensa do principio da Ahimsa (non violencia) no Mahabharata.

Recoñecemento Kapila, o fundador da Samkhya, foi moi reverenciado por varias escolas de filosofía hindú. Gaudapada (~500 a.C.), un estudoso da Advaita Vedanta, na súa Bhasya chamou a Kapila un dos sete grandes sabios, xunto con Sanaka, Sananda, Sanatana, Asuri, Vodhu e Pancasikha. Vyasa, o estudoso do ioga, no seu Yogasutra-bhasya escribiu que Kapila era "o principal sabio, ou coñecedor".

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas The Sánkhya Aphorisms of Kapila, 1885 traducido por James R. Ballantyne, editado por Fitzedward Hall.

Categoría:Personalidades do hinduísmo Categoría:Filósofos da India Categoría:Avatares de Vishnu