Os luancos (en ) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico bracarense que viviu entre os ríos Támega e Tua, na provincia de Tras os Montes, no norte do actual Portugal e no sur de Galicia. Segundo Tolomeo, a súa cidade principal ou capital era Merua ou Merva.
Un patriarca luanco quedou rexistrado na mitoloxía grega como Lynko (lince). O nome "luancos" foilles atribuído, posibelmente, porque este pobo se identificaba cos linces. Era un pobo cazador e prefería vivir nas mesetas altas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de tribos celtas
Categoría:Galaicos Categoría:Pobos prerromanos de Gallaecia