Kyle Terrel Hines, nado o 2 de setembro de 1986 en Sicklerville, Nova Jersey, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga no Olimpia Milano da Lega Basket Serie A e a Euroliga.
Traxectoria profesional Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2008, Hines asinou co Veroli Basket da segunda división italiana, onde xogou durante dúas tempadas e gañou en 2009 e 2010 a copa da segunda división de Italia.
En agosto de 2010, asinou un contrato dun ano co Brose Bamberg da Basketball Bundesliga alemá. Co Brose gañou a Supercopa de Alemaña, a Copa de Alemaña e a Bundesliga, e foi escollido coma mellor xogador das Finais da liga en 2011.
En xullo de 2011, Hines asinou co Olympiacos BC grego,Reds pick up Kyle Hines. onde gañou dúas Euroligas en 2012 e 2013, e a liga grega en 2012. O 24 de xuño de 2013, Hines decidiu rematar o seu contrato co Olympiacos.
O 28 de xuño de 2013, Hines asinou un contrato de dous anos co PBC CSKA Moscova ruso.
En maio de 2020, tras sete tempadas no CSKA, asinou un contrato co Olimpia Milano da Lega Basket Serie A.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Eurobasket.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados no condado de Camden, Nova Jersey Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do Brose Baskets Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova Categoría:Xogadores do Olimpia Milano