O Rally de Ferrol de 1990 foi a 21ª edición de dito rally e a última proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 1 e o 2 de decembro de 1990 e os vencedores foron Germán Castrillón e a súa copiloto Estrella Castrillón, a bordo dun Ford Sierra Cosworth. Foi a quinta vitoria consecutiva na tempada e o segundo dos dez triunfos que lograron na proba ferrolá.

Resumo Germán Castrillón chegou a este rally xa como campión galego. Aínda así marcou o mellor tempo en todos os treitos da proba e gañou con máis dun minuto de vantaxe sobre o Peugeot 205 GTI de Manuel Senra. A terceira praza estivo disputada entre Sergio Vallejo e Antonio Garrido ata que este último picou unha roda e caeu varias posicións. Con todo, conseguiu recuperar segundos e rematar quinto. Ademais, co abandono de Peitos por problemas co cambio, Garrido proclamouse subcampión galego.

Clasificación PosPilotoCopilotoAutomóbilTempo1 Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra Cosworth57.072 Manuel Senra José MaceirasPeugeot 205 GTI58.163 Sergio Vallejo Diego VallejoPeugeot 205 GTI59.324 José M. López Parada José ValcárcelRenault 5 GT Turbo1.00.545 Antonio Garrido López CarbajalFord Sierra Cosworth1.01.056 Juanjo López Juan CortésRenault 5 GT Turbo1.01.497 Lino Otero Raúl GarcíaRenault 5 GT Turbo1.02.138 Juan Carlos TáboasRodríguezCitroën AX Sport1.02.259 Miguel Dopico Roberto LorenzoPeugeot 205 Rallye1.02.3610 Alberto GonzálezRodríguezCitroën AX GT1.04.19Abandonos- Peitos Francisco Javier SalgueiroCitroën AX Sport-- Marc EtchebersFord Sierra Cosworth-

Notas

Categoría:Rally de Ferrol Categoría:Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally