Chamadoira é un apelido galego de natureza toponímica, que ten a súa orixe no concello de Cerdedo Cotobade, no barrio de Chamadoira. Podería provir dun termo latino que designaba os lugares fronteirizos ou simplemente zonas entre dous territorios determinados, sinónimo de fito ou marco.

Rexístrase o topónimo, segundo datos do Arquivo do Reino de Galicia no ano 1745:

Distribución xeográfica En xaneiro de 2023 existían 308 persoas en Galicia co apelido Chamadoira, ben sexa como primeiro ou segundo apelido,Apelido Chamadoira na web do Instituto Galego de Estatística. principalmente nos concellos de Pontevedra, Vigo e Gondomar.

En EspañaInstituto Nacional de Estadística con datos procedentes da Estatística do Padrón Continuo, data de 01/01/2016 hai 407 persoas con este apelido (243 lévano como primeiro apelido e 164 como segundo), por mor da emigración, en lugares como A Rioxa, Asturias ou Guadalaxara. Tamén se atopan en abundancia na Arxentina e o Brasil.

Liñaxe e pedras armeiras Segundo a GEG, é de orixe galega. Levaron como brasón en ouro, dúas bandas de azur, acompañadas de 5 roeis da mesma cor, 3 no oco central e un nos outros ocos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de apelidos galegos Ligazóns externas Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización da Real Academia Galega, 2016. Ligazóns externas Arquivo do Reino de Galiza

Categoría:Apelidos galegos