Carmen é un filme español de 1983 dirixido e coreografado por Carlos Saura e María Pagés. É a segunda parte da triloxía flamenca de Saura, precedida por Bodas de sangre e seguida de El amor brujo. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 56ª edición dos premios.

Sinopse Narra a historia de Antonio, o director dunha compañía de baile que anda a traballar na montaxe de Carmen de Bizet. Cando atopa a protagonista ideal, que tamén se chama Carmen, inicia con ela unha relación malsá que reproduce o libreto da ópera.

Personaxes Paco de Lucía como Paco Laura del Sol como Carmen Antonio Gades como Antonio Marisol como Pepa Flores Cristina Hoyos como Cristina Juan Antonio Jiménez como Juan José Yepes como Pepe Girón Sebastián Moreno como Escamillo Gómez de Jerez como cantante Manolo Sevilla como cantante Antonio Solera como cantante Manuel Rodríguez como guitarrista Lorenzo Virseda como guitarrista M. Magdalena como artista La Bronce como artista

Premios e candidaturas Premios 1985. BAFTA ao mellor filme en lingua non inglesa Candidaturas 1983. Palma de Ouro 1984. Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa 1984. Globo de Ouro ao mellor filme estranxeiro 1984. César ao mellor filme estranxeiro 1985. BAFTA á mellor música: Paco de Lucía 1985. BAFTA ao mellor son: Carlos Faruolo, Alfonso Marcos e Antonio Illán

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1983 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Carlos Saura