Tõde ja õigus é un filme estoniano de 2019 dirixido por Tanel Toom. O filme é unha adaptación do primeiro volume da pentaloxía épica social de 1926–1933 do autor estoniano Anton Hansen Tammsaare. Foi escollido como candidato de Estonia para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro. Recibiu o Premio Satellite ó mellor filme en lingua non inglesa, converténdose no segundo filme estoniano en conseguilo despois de Mandariinid.

Tivo un orzamento de 2,5 millóns de euros"Truth and Justice selected best film of 2019 by Estonian film journalists" ERR, 5 de xaneiro de 2020 e conseguiu unha recadación de 1,55 millóns de euros."Täispikk tabel | Eesti filmide külastusnumbrid ja kassatulu 2019. aastal" ERR kultuur, 23 de xaneiro de 2020 (en estoniano) É o filme estoniano máis visto nos cinemas dende que o país obtivo a súa independencia."'Truth and Justice' sets record as most-watched film in Estonia" ERR, 18 de marzo de 2019 Os xornalistas de cinema estonianos considerárono no ano 2019 o mellor filme do cinema estoniano.

Personaxes Priit Loog como Andres Priit Võigemast como Pearu Ester Kuntu como Mari Maiken Schmidt como Krõõt Risto Vaidla como Andres de novo Loora-Eliise Kaarelson como Maret Indrek Sammul como Sauna-Madis Marika Vaarik como muller de Madis

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Filmes de Estonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua estoniana Categoría:Filmes de Estonia