A selección de fútbol de Burundi () é o equipo representativo de Burundi nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Burundi (Fédération de football du Burundi), pertencente á Confederación Africana de Fútbol (CAF) e á FIFA. Alcumados as Andoriñas (, ), aínda que nunca conseguiron participar na fase final dunha Copa do Mundo, conseguiron clasificarse por primeira vez para a Copa de África de Nacións en 2019, onde caeron na fase de grupos.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Federación de Fútbol de Burundi Perfil de Burundi na páxina web da FIFA

Categoría:Fútbol en Burundi