Paul Julian Banks, nado o 3 de maio de 1978 en Clacton-on-Sea, Essex, Inglaterra, é o cantante, letrista e guitarrista da banda de Nova York Interpol. Banks uniuse á banda en 1998 cando se atopou con Daniel Kessler, ao cal coñecera nun intercambio de estudos en París.
Traxectoria A familia de Paul deixou Inglaterra cando el tiña tres anos, mudándose a Míchigan, e despois a España. Seu pai foi trasladado a México polo que tivo que deixar o colexio en España e rematou a secundaria en México. Alí asistiu á American School Foundation, onde tivo un papel principal no musical South Pacific.
Asistiu á Universidade de Nova York onde estudou inglés e literatura comparativa, e despois de graduarse traballou en revistas como Gotham e Interview. Banks posteriormente conseguiu un traballo nunha cafetería para poder dedicarlle máis tempo á música.
Nos primeiros anos da súa carreira con Interpol, Banks soia tocar unha Gibson Les Paul negra. Porén na xira da primavera do 2007 polo Canadá, usou principalmente unha Fender Jaguar, así como unha Gibson Flying V e a súa Les Paul nalgúns poucos temas.
Categoría:Guitarristas de Inglaterra Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Essex Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Compositores de Inglaterra Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Interpol (grupo musical)