Os Atlanta Hawks son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede en Atlanta, Xeorxia, que xoga na División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Xogan os seus encontros como local no State Farm Arena, situado no centro financeiro da cidade.

A súa orixe remóntase á fundación dos Tri-Cities Blackhawks en 1946, equipo membro da National Basketball League (NBL). En 1949 uníronse á National Basketball Association (NBA) como parte da fusión entre a NBL e a Basketball Association of America (BAA). Tan só dous anos despois, a franquía trasládase a Milwaukee, onde cambiaron o seu nome ao actual "Hawks" (do inglés: falcóns). O equipo volta trasladarse de novo na mesma década, en 1955, a St. Louis. Alí gañan o seu primeiro título da NBA en 1958. Non sería até dez anos despois cando o equipo se traslada definitivamente a Atlanta.

Actualmente os Hawks posúen a segunda serie máis longa da NBA de anos consecutivos sen gañar un título da NBA, tan só por detrás dos Sacramento Kings. Todas as aparicións da franquía nas Finais da campetición tiveron lugar cando tiña a súa sede en St. Loius. Entrementres, desde 1967, non conseguiron nunca superar unha eliminatoria de play-offs en ningún tipo de formato. Gran parte do fracaso que do equipo nas fases eliminatorias ten que ver co seu pobre historial no Draft da NBA. Desde 1980, os Hawks tan só seleccionaron catro xogadores que co tempo serían escollidos para xogar no partido do All-Star: Doc Rivers, Kevin Willis, Al Horford e Jeff Teague. Dominique Wilkins, un dos mellores xogadores da historia do club, de feito non foi escollido polos de Atlanta, senón polos Utah Jazz.

Historia A franquía foi formada en 1946 baixo o nome de Tri-Cities Blackhawks, xogaba na NBL, e estaba sita no área entre Molline, Illinois, Rock Island, tamén en Illinois e Davenport, en Iowa, zona agora chamada Quad-Cities. Cando a NBL fusionouse coa BAA para forma-la NBA, os Blackhawks acadaron os playoffs na tempada inaugural, baixo o liderado do adestrador Red Auerbach. Porén, na seguinte tempada, despois de que o equipo elixira no draft a Bob Cousy e o mandara ós Chicago Stags (cando estes desapareceron foi ós Boston Celtics tras un draft de dispersión), non conseguiron cualificarse para a postempada. En 1951, a franquía mudouse a Milwaukee, e converteuse nos Hawks. En 1953, os Hawks elixiron a Bob Pettit, futuro MVP da NBA. Pero malia iso, os Hawks tiveron un dos peores balances da liga, e en 1955, mudáronse de novo, esta vez a St. Louis, Missouri. Coas adquisicións do draft e de axentes libres, os Hawks convertéronse axiña nun dos equipos punteiros da liga en pouco tempo, chegando en 1957 á final da NBA, perdendo alí contra os Boston Celtics nun sétimo partido moi emocionante con dous tempos extra incluídos. Na tempada seguinte, no ano 1958, os Hawks chegaron de novo á final sendo o adestrador Alex Hannum, e conseguiron o seu primeiro e ata o momento último título da NBA contra os Celtics no sexto partido.

Os Hawks permaneceron como un dos mellores equipos da NBA na seguinte década. En 1960, sendo adestrador Ed Macauley, o equipo volveu ás finais, pero caeron derrotados, outra vez, contra os Celtics nun sétimo partido moi emocionante. No ano seguinte, 1961, tras elixir o rookie Lenny Wilkens, acadaron outra vez a oportunidade de loitar polo título nas finais, pero esperábanlles a súa besta negra, os Celtics, perdendo en cinco encontros.

Mudanza a Atlanta Nos seguintes anos, os Hawks seguiron a ser aspirantes ó título, cada tempada chegando máis lonxe nos playoffs e gañando varios títulos de división. En 1968, sendo os novos donos o Gobernador do Estado de Xeorxia, Carl Sanders, e o responsable dunha inmobiliaria baseada en Atlanta, Tom Cousins, o equipo mudouse a Atlanta. A inmobiliaria de Cousins construíu o Omni Coliseum, unha cancha no centro da cidade para os Hawks e para a franquía de hóckey sobre xeo Atlanta Flames, que abriu en 1972, sendo a primeira fase dun macrocomplexo deportivo que incluía hoteis, oficinas e tendas, que agora é coñecido como CNN Center.

Nos seguintes anos despois da mudanza, os Hawks amosaron un equipo moi talentoso, incluíndo a Pete Maravich, gañando outro campionato de división e acadando de novo as finais. Pero despois deste período de éxitos, os Hawks entraron en anos de reestruturación do equipo.

O tamén dono dos Atlanta Braves, Ted Turner, mercou o equipo e asinou a Bernie Bickerstaff como adestrador xefe. En 1979, os Hawks acabaron a tempada con 50 vitorias e gañaron a División Central. En 1982 a franquía asinou á superestrela Dominique Wilkins, e repetiu as 50 vitorias nas seguintes catro tempadas, pero malia iso o equipo non foi capaz de pasar das finais de conferencia. En 1993 asinouse a Lenny Wilkens no posto de adestrador xefe, conducindo o equipo ás 57 vitorias na tempada 1993-1994, conseguindo o récord do equipo, e en 1995 o propio Wilkens esnaquiza o récord de vitorias dun adestrador da NBA con 939 partidos gañados, superando o tamén antigo adestrador dos Hawks Red Auerbach.

Pero nos últimos anos, os Hawks desinfláronse, converténdose unha vez máis nun dos peores equipos da liga. En marzo de 2004 a franquía foi vendida a un grupo de executivos reunidos baixo o nome de Atlanta Spirit LLC by Time Warner (que herdou ós Hawks e os Atlanta Braves por mor do acordo con Turner Broadcasting en 1996), xunto ó equipo de hóckey sobre xeo da cidade, os Atlanta Thrashers, que compartía cos Hawks o Philips Arena. Pero a pesar do cambio de donos, o equipo continuaba a caer na clasificación. Na tempada 2004-2005 incluso tiveron a dubidosa honra de acada-lo peor balance da liga con só 13 vitorias, 5 menos que o novo equipo que entrou nesa tempada na liga, os Charlotte Bobcats, e que os New Orleans Hornets. Pero tiveron mala sorte no sorteo das posicións para o draft, e só puideron consegui-la posición número dous no 2005, indo na primeira elección ós Milwaukee Bucks. Utilizaron ese número dous para elixir a Marvin Williams, da Universidade de North Carolina. Williams está considerado como un dos xogadores deste draft con máis potencial e rendibilidade económica. Ademais, os Hawks tamén puideron conseguir a Josh Childress, a Josh Smith, a Salim Stoudamire, e preto de 25 millóns de dólares en soldos libres para o mercado de axentes libres de 2005. No verán dese ano, completouse un sign-and-trade cos Phoenix Suns que trouxo a Joe Johnson a Atlanta, mandando a Phoenix a Francis Pierre, a Boris Diaw e dúas eleccións de primeira rolda en futuros drafts. Tamén asinaron a Zaza Pachulia, dos Milwaukee Bucks. Todos este trocos tiveron lugar despois dunha aparente loita de poder entre os donos da franquía nas tres semanas anteriores.Hawks Ownership Dispute Resolved

No 2006, os Hawks amosaron unha moderada mellora. Malia te-lo peor balance da liga de novo na tempada 2005-2006, conseguiron derrotar os campións saíntes dese ano, os San Antonio Spurs, por 94-84, e tamén os Detroit Pistons, que terían o mellor récord do ano en tempada regular.

Os Hawks só son superados polos Golden State Warriors (12) en tempadas consecutivas sen aparecer nos playoffs con 7.

Pavillón

miniatura|300px|Exterior do Philips Arena. A andaina dos Atlanta Hwaks no mundo do baloncesto tivo por primeiro escenario o Wharton Field House de Moline, Illinois, onde eran coñecidos como Tri-Cities Blackhawks. Este pavillón, con capacidade para 6.000 espectadores, viu ao equipo até o seu traslado até Milwaukee en 1951. Na capital de Wisconsin permaneceron até 1955, ano no cal nacen os St. Louis Hawks, etapa na que gañan o seu primeiro título da NBA. O pavillón principal durante esta etapa sería o Kiel Auditorium, aínda que tamén foi utilizado ocasionalmente o St. Louis Arena. Con todo, non sería até 1968 que o equipo non chega até a súa localización actual, Atlanta. Xa nesta cidade o equipo móvese entre distintos pavillóns, entre os cales están o Alexander Memorial Coliseum, The Omni, o Lakefront Arena, o Georgia Dome and Alexander Memorial Coliseum e a súa actual sede, o Phillips Arena. É preciso destacar que en 1982 o equipo xogou durante 12 partidos en Nova Orleáns en troques de 1,2 millóns de dólares.

PavillónLocalizaciónEstadoCapacidade Período(s) Wharton Field House Moline border|20px|Illinois Illinois 6.000 1946 1951 Milwaukee Arena Milwaukee border|20px|Wisconsin Wisconsin 10.783 1951 1955 Kiel Auditorium St. Louis border|20px|Missouri Missouri 9.300 1955 1968 St. Louis Arena St. Louis border|20px|Missouri Missouri 14.200 1955 1968 Alexander Memorial Coliseum Atlanta border|20px|Xeorxia Xeorxia 8.600 1968−72 1997−99 The Omni Atlanta border|20px|Xeorxia Xeorxia 16.378 1972 1997 Lakefront Arena Nova Orleáns border|20px|Luisiana Luisiana 8.933 1984 1985 Georgia Dome Atlanta border|20px|Xeorxia Xeorxia 71.000 1997 1999 Philips Arena Atlanta border|20px|Xeorxia Xeorxia 18.047 1999 −

Tempadas Campións da NBACampións de ConferenciaCampións de DivisiónEn posición de Playoffs