A Cordilleira Americana é unha cadea de cordilleiras que consiste nunha secuencia case continua de cordais que forman a "columna vertebral" occidental de Norte, Sur e Centroamérica. É tamén o eixe do arco volcánico que forma a metade oriental do cinto de lume do Pacífico.

Descrición América do Norte miniatura|Montañas Rochosas no Canadá|esquerda As montañas da Cordillera dende México cara ao norte coñécese colectivamente como Cordilleira Norteamericana.

Dende o norte ao sur, esta secuencia de cordais parelos e sobrepostos comeza coa Cordilleira de Alasca e a Cordilleira Brooks en Alasca e segue por Yukón e a Columbia Británica. O cinto principal das Montañas Rochosas xunto coas paralelas Montañas de Columbia e as cadeas da costa do Pacífico de montañas e illas continúan pola Columbia Británica e a illa de Vancouver. Nos Estados Unidos, as ramas da Cordilleira inclúen as Montañas Rochosas, a Serra Nevada, as Cascadas, e varias pequenas cordilleiras litorais. En México, a Cordillera continúa pola Serra Madre Occidental e a Serra Madre Oriental, así como nas montañas vertebradoras da Península de Baja California.

América do Sur miniatura|Andes no Perú|esquerda A Cordilleira continúa polos cordais de América Central en Guatemala, Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Panamá, e devén nas montañas dos Andes en América do Sur. Os Andes coas súas cadeas paralelas e as cadeas nas illas da costa de Chile continúa por Colombia, Venezuela, Ecuador, o Perú, Bolivia, a Arxentina e Chile ata o punto máis meridional do continente na Terra do Fogo. A Cordilleira continúa aínda ao longo do Scotia Arc antes de alcanzar as montañas da península Antártica.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Silberling, N.J. et al. (1992). Lithotectonic terrane map of the North American Cordillera [Miscellaneous Investigations Series I-2176]. Reston, Va.: U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.

Categoría:Cordilleiras de América do Sur Categoría:Cordilleiras de América