Juan Carlos Cambas Outeda, nado en Bos Aires o 2 de setembro de 1967, é un pianista e aquelador galego.

Traxectoria Fillo de galega de Meis e asturiano emigrados á Arxentina, Cambas ten formación de conservatorio como pianista clásico. Estudou na Arxentina e publicou o seu primeiro álbum en solitario en 1997 nese país. En 2002 estableceuse en Galicia e vive en Vilagarcía de Arousa. O seu primeiro álbum en Europa publicouse en 2007. Entre 2011 e 2019 traballou como pianista da cantante Dulce Pontes. En 2020 realizou unha campaña de micromecenado para editar un terceiro álbum, titulado 'A viaxe'.

Os seus discos exploran a música de raíz popular arxentina e están inzados de colaboracións con outros artistas. Ten participado no Festival de Cosquín en varias ocasións, e en 2010 foi o promotor do fillo do festival en Galicia, o Festival de Cosquín en Vilagarcía.

Discografía Solo luz (Diapasón, 1997). Almas en el viento (2007, reeditado dez anos máis tarde na Arxentina con algunhas modificacións). A viaxe (autoedición, 2020)

Colaboracións Como artista de colaboracións, a lista de artistas que tocaron pezas en álbums del ou que compartiron escenario nalgún momento é moi extensa, desde Mercedes Sosa a Dulce Pontes, pasando por Suna Rocha, Domingo Cura ou o dúo BellónMaceiras.

Notas

Categoría:Pianistas de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1967