Heneral Luna é un filme filipino de 2015 dirixido por Jerrold Tarog. É un filme biográfico e histórico que representa a vida do xeneral Antonio Luna e o seu liderado á fronte do Exército Revolucionario Filipino durante a guerra filipino-estadounidense. Producido por Artikulo Uno Productions, o filme recibiu a aclamación da crítica, que eloxiou a súa fotografía, guión e actuacións. O filme foi escollido como candidato de Filipinas para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes John Arcilla como xeneral Antonio Luna Mon Confiado como Presidente Emilio Aguinaldo Epy Quizon como Primeiro Ministro Apolinario Mabini Alvin Anson como xeneral José Alejandrino Nonie Buencamino como Felipe Buencamino Sr. Leo Martinez como Pedro Paterno Joem Bascon como Coronel Francisco "Paco" Román Art Acuña como Maior Manuel Bernal Alex Medina como Capitán José Bernal Archie Alemania como Capitán Eduardo Rusca Ronnie Lazaro como Tenente García

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Filipinas propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua filipina Categoría:Filmes de Filipinas Categoría:Filmes dirixidos por Jerrold Tarog