Encontros na terceira fase (en ) é un filme estadounidense de 1977 escrito e dirixido por Steven Spielberg, e protagonizado por Richard Dreyfuss, Melinda Dillon, Teri Garr, Bob Balaban, Cary Guffey e François Truffaut. Conta a historia de Roy Neary, un traballador de Indiana, cuxa vida cambia após un encontro cun obxecto voador non identificado (ovni).

Sinopse miniatura|esquerda|A Devils Tower serviu como escenario para a película. miniatura|esquerda|Frase musical utilizada na película para comunicarse con alieníxenas. No deserto de Sonora, o científico francés, investigador do fenómeno OVNI e invitado principal da Conferencia de Montsoreau, Claude Lacombe (François Truffaut) e o seu tradutor estadounidense David Laughlin (Bob Balaban), entre outros científicos de investigación do goberno, descobren os avións que compuñan o Voo 19, un escuadrón aéreo perdido pouco despois da segunda guerra mundial. Os avións están intactos e operativos, pero non hai rastro dos pilotos.

Un buque de carga, o Cotopaxi, desaparecido no Triángulo das Bermudas, aparece no medio do deserto de Gobi. Un avión está sendo perseguido por un obxecto brillante que o piloto non sabe describir.

Mentres tanto, Roy Neary (Richard Dreyfuss), un empregado da compañía eléctrica, está a investigar un apagamento cando o seu camión para e é inundado de luz brillante do ceo. Experimenta un encontro próximo cun OVNI, Roy é inmediatamente atrapado no medio dunha persecución policial tras catro Ovnis.

Despois desta experiencia, Roy queda fascinado polos Ovnis, para consternación da súa esposa, Ronnie (Teri Garr). Roy obsesiónase cada vez máis con cinco estrañas notas musicais e imaxes mentais en forma de montaña e comeza a modelalas. Jillian (Melinda Dillon) tamén se obsesiona con crear bosquexos desa montaña única. Pouco despois, aterroriza na casa un encontro de Ovnis, no que Barry, o seu fillo pequeno, é secuestrado por seres indistinguibles a pesar dos esforzos que fixo para protexer a súa casa.

Mentres tanto, o aumento do comportamento errático de Roy fai que Ronnie o deixe, levando consigo os seus tres fillos.

Desesperado, Roy ve un telexornal sobre un descarrilamento de tren preto da Devil's Tower National Monument en Wyoming, Estados Unidos. Alí decátase de que a imaxe mental que o molestaba é real. Jillian ve a mesma transmisión, polo que ela e Roy, así como moitos outros coa mesma experiencia, diríxense ao sitio.

Elenco e personaxes Richard Dreyfuss como Roy Neary François Truffaut como Claude Lacombe Teri Garr como Ronnie Neary Melinda Dillon como Jillian Guiler Bob Balaban como David Laughlin J. Patrick McNamara como líder do proxecto Warren Kemmerling como Maior “Wild Bill” Walsh Roberts Blossom como Farmer Philip Dodds como Jean Claude Cary Guffey como Barry Guiler Lance Henriksen como Robert Merrill Connally como líder de equipo George DiCenzo como Maior Benchley Gene Dynarski como Ike Josef Sommer como Larry Butler Carl Weathers como policía militar

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Filmes de 1977 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Steven Spielberg Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados en Wyoming Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes ambientados na India Categoría:Filmes ambientados en Indiana Categoría:Filmes ambientados en Wyoming Categoría:Filmes baseados en lendas urbanas Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1977 con versión en galego