I.X.P Ribeiras do Morrazo Industrias 4. Superficie 5,66 ha Viticultores 18 Produción uva 49.613 kg Viño cualificado 18.800 l Valor estimado 75.200 € Páxina web http://www.ixpribeirasdomorrazo.org/gl/ Enderezo Santa Clara 4-2º 36002 Pontevedra. O Viño da Terra Ribeiras do Morrazo é unha Indicación xeográfica empregada para designar os viños de mesa orixinarios principalmente da zona vitícola das ribeiras das rías de Vigo e Pontevedra, que comprende os concellos de Cangas de Morrazo, Moaña, Bueu, Marín, Pontevedra, Redondela e Poio.
Historia Esta indicación xeográfica foi regulamentada no ano 2017 e recoñecida a nivel europeo en 2018. En 2019 contaba con 5,66 ha. de superficie en produción, que producían 18.800 litros de viño cualificado.
Variedades de uva Brancas: albariño, caíño branco, godello, loureira branca, treixadura, branco lexítimo e torrontés. Tintas: brancellao, caíño tinto, pedral, espadeiro, loureiro tinto, mencía, e sousón. Notas
Véxase tamén Outros artigos Viños de Galicia Indicación Xeográfica Protexida
Ligazóns externas IXP Ribeiras do Morrazo - Páxina oficial
Categoría:Viños de Galicia Categoría:Denominacións de Orixe de Galicia Categoría:Viños con denominación de orixe