Brant Bjork, nado en Palm Springs (California), o 19 de marzo de 1973, é un batería, produtor, cantante, compositor e guitarrista estadounidense, considerado dunha das figuras máis notables na escena do stoner rock. É coñecido principalmente por ter sido o batería e fundador da influente banda californiana de stoner rock Kyuss.
Traxectoria
Kyuss Mentres estaba no instituto, uniuse con Josh Homme, Chris Cockrell e John Garcia para a fundación dunha banda chamada Katzenjammer. A petición de Bjork o grupo pasou a chamarse Sons of Kyuss, o nome duns monstros do xogo de rol Dungeons & Dragons, para a edición dun EP, e posteriormente o nome foi acurtado a Kyuss.
A banda mudiuse aos Ánxeles en 1990 e fichou por Chameleon Records, editando o seu álbum de estrea, Wretch, en setembro de 1991. Despois asinou un contrato con Elektra Records e converteuse no primeiro grupo de desert rock en acadar é xito internacional. Bjork axudou a publicar o álbum de 1992 Blues for the Red Sun, que axudou a crear o movemento do stoner rock, e despois de da edición de Welcome to Sky Valley, en 1993, deixou Kyuss.
Despois de Kyuss Ese mesmo ano produciu o álbum de estrea de Fu Manchu, No One Rides for Free. En 1997 volveu coller as baquetas no álbum The Action is Go, tamén de Fu Manchu e uniuse ao grupo. Estivo con eles ata antes de comezar a xira do seu álbum California Crossing, no ano 2002.
Durante ese tempo tamén gravou varios discos en solitario: Jalamanta (1999), Brant Bjork & the Operators (2002), Keep Your Cool (2003) e Local Angel (2004).
No mes de outubro do 2003, Brant Bjork xirou por Europa co nome "Brant Bjork and the Bros." Estivo acompañado por Dylan Roche no baixo, Michael Peffer na batería e Mike Pygmie na guitarra. Pygmie deixou a banda despois da xira e foi substituído por Scott Cortez para unha nova serie de concertos polos Estados Unidos e Europa no ano 2004. En 2005, The Bros entraron no estudio e gravaron o quinto álbum de Bjork, Saved by Magic, que foi editado o 1 de agosto dese ano.
O 27 de febreiro do 2007 apareceu un novo álbum en solitario titulado Tres Dias, ao que lle seguiu no mes de maio Somera Sól. En setembro, o tema "The Native Tongue", do álbum Tres Dias, foi incluído nun recompilatorio de Poison Tree Records chamado Road To Nowhere. Durante o 2007, o seu selo Duna Records fracasou e cambiouse a Low Desert Punk Recordings. A primeira edición coa nova discográfica sería Punk Rock Guilt, en maio de 2008.
En novembro do 2010, anunciouse que Bjork formaría parte da reformada Kyuss (coñecida agora como Kyuss Lives!), composta por Bjork, Bruno Fevery (substituíndo a Josh Homme) na guitarra, Nick Oliveri no baixo e John Garcia nas voces. No mes de marzo do 2011 comezaron unha xira por Europa e tamén están a traballar nun novo álbum de estudio.
Discografía Brant Bjork Álbum Ano Selo Jalamanta 1999 Man's Ruin Records Brant Bjork & the Operators 2002 Duna Records Keep Your Cool 2003 Duna Records Local Angel 2004 Duna Records Tres Dias 2007 Duna Records Punk Rock Guilt 2008 Low Desert Punk Gods & Goddesses 2010 Low Desert Punk Tao of the Devil 2016 Napalm Records Europe '16 2017 Napalm Records Mankind Woman 2018 Heavy Psych Sounds Jacoozzi 2019 Heavy Psych Sounds
Brant Bjork and the Bros Álbum Ano Selo Saved by Magic 2005 Duna Records Somera Sól 2007 Duna Records, Low Desert Punk
Brant Bjork and the Low Desert Punk Band Álbum Ano Selo Black Power Flower 2014 Napalm Records
Notas
Categoría:Baterías Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades do rock Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Palm Springs, California Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América