Os xiros idiomáticos son expresións propias dunha lingua cun significado unitario que non pode deducirse do significado das palabras que os forman e que carece de tradución literal noutra lingua. Tamén podemos denominalos locucións ou mesmo frases feitas, as cales na actualidade son interferidas continuamente pola lingua castelá, sobre todo nas xeracións máis novas, nas cidades e mesmo nos medios de comunicación.

A seguinte lista contén unha serie de xiros idiomáticos e ditos propios da lingua galega.

ExpresiónSignificadoA casa da CollonaLugar indefinido e moi afastado.A chorar a Cangas!Dise para desentenderse de quen non para de pedir, pide de máis ou se queixa de algo.A máis non dar, a correrCon moita présa, ás carreirasA unha carreiriña dun canA pouca distanciaAcabouse o conto, morra o conto! Dar por rematada unha polémica, non se fale máisAfiar os dentesDisporse para gozar de algo moi desexado, en especial algo de comer.Aí falaches!Expresar total acordo cunha afirmación que alguén acaba de facer ou dicir.Aínda non lle caeu a casca do cuSer inmaturo, infantilAmiguiños si, pero a vaquiña polo que valeOs negocios son os negocios, non permitir que se aproveiten de un.Andar a paso de boiAndar con lentitudeAndar ao rabo dunAndar detrás, xeralmente molestandoAndar á xaneiraAndar en celoAndar con contosFalar con rodeos contando cousas que non son verdade.Andar con díxome-díxomesAndar con contosAndar de cacho para cribo, de cacho para cabazoAndar dun sitio para outroAndar na(s) verza(s)/uvas, estar nas patacas, andar aos biosbardosEstar despistadoAndar nas falasSer o tema da conversa da xente, normalmente de forma negativa.Aprendiz de moitas ciencias, mestre de poucas sabenciasO que di saber de todo, non sabe de nadaÁs carreiras, a lume de carozoCon moita présaBaixar as orellas, marchar coas orellas gachas, co rabo entre as pernasAcovardarseBotar a lingua a pacerFalar moito e sen control, normalmente dicindo segredos ou criticando.Botar o carro diante dos boisNon hai que anticiparse a feitos que aínda non sucederon.Botar terra ao asuntoDar por rematado un asunto ou discusiónCada moucho no seu souto, cada rato no seu buratoCada un ao seuCaer coma a sopa no melChegar oportunamente, a tempoCaer coma un peixe, coma un paxariñoCaer, deixarse sorprender inesperadamenteCagar de altoTerse por moi importante ou aspirar a moito.Cara de ferreiro/canCara de poucos amigosChegar e encherConseguir algo moi doadamente / Ter ou dar moitas facilidadesChorar ás cuncas, chorar os sete chorares, chorar a fíoChorar desconsoladamenteColler folgos, coller azosColler ánimoComa un bocoiMoi gordo ou con moito bandullo.Comer coma un pitoComer moi pouco, ser moi mal comedor.Con pés de la, con pés de manteigaCon moito coidadoConfundir o cu coas témporasEstar completamente desinformadoDar a ronchaCausar molestiaDarlle unha arroutadaFacer algo inesperado e sen pensar.De bo anoCon bo aspectoDe bo/mal aire/lúaDe bo/mal humorDe tal pau, tal acha; fillo de porco marrán seguro; de tal pano, tal saiaO carácter e os costumes xustifícanse por cuestións hereditariasDeitarse canda as galiñasDeitarse moi cedo.Deus é bo e o demo non é maloNin si, nin nonDiga a miña veciña e teña o meu fol fariñaNon importar o que digan os máisDime con quen vas e direiche o que fasPódese coñecer a un polas compañías que frecuentaDurmir coma unha pedraTer un sono moi profundoDuro de cascosPouco intelixenteEn todas partes hai cans descalzos, toda a terra éche paísEn todas partes é parecidoEncher a andorga, o bandulloFartarse de comidaEra boa!Expresar escepticismo total ou ironía ante unha proposta ou suposición.Estache bo o choio! Estache bo o biolo!Estar mal ou complicado o asuntoEstache bo o choio! Vaiche boa!Non anda nada ben a cousaEstache boa a navalla! (que non corta o queixo fresco)Sorpresa ou estrañeza ante algo novoEstalle a vir Pedro Chosco!Estalle a vir o sonoEstar coma tres nun zapatoEstar amolado, fastidiadoEstar coma un buxoEstar moi forte e san.Estar coma un pitoEstar moi mollado.Estar derreadoEstar rendido fisicamente, exhausto, sen forzas.Estar levado do diaño/demoEstar moi enfadadoEstar na horta e non ver as verzasNon decatarse, non darse conta de nadaEstar/ir coma un rei nunha cestaEstar moi ben, cómodoFacer [de alguén] un pandeiroFacer [con alguén] o que quere, dominar completamente [alguén], abusar [de alguén].Facer bo a alguénLevar alguén pelo bo camiñoFacerlle as beiras (a alguén)(1) Gabar alguén para conseguir algo. (2) Namorar alguén.Falar dos biosbardos, falar do xato e esquecer o trato, falar das nubesIrse do temaFalar polas orellasFalar moito e sen parar.Ir/andar con xeito, Ir con pés de la, ir/andar con tino, andar con pés de manteigaIr con coidado, con precauciónListo coma un alloSer moi listo, astuto e espelido.Madia levaAsí calquera; úsase para expresar acordo.Mallar en alguén coma en centeo verdePegarlle unha gran malleira a alguénMalo seráExpresar a creenza que algo malo non vai pasar.Manda carallo! Vaites, vaites!Expresións que indican sorpresaMaría matouse!Dise cando alguén cae ou cando non se pode facer o que se pensaba.Medirlle o lombo, sacarlle do lombo, calcarlle as costas a alguénBaterlle a alguénMeu dito, meu feito"Dito e feito"Mexar fóra de testoDicir ou facer algo que non vén a contoMollar os pésEmbebedarse.Morra o conto!Rematar un asunto de forma contundente e sen máis explicacións.Nin fai nin desfai, nin arre nin xo, nin ata nin desataNin unha cousa nin a outra, a medias tintasNon hai mellor palabra que a que está por dicirÉ mellor estar caladosNon hai quen lle tusa, ser o galo do poleiroTer moitos fumesNon me gustaría estar no seu pelello!Non me gustaría estar no seu lugarNon ter un peso, non ter un patacónNon ter cartos.Nunca choveu que non escampaseTodos os males teñen remedioOnde (el) vai! Vaiche boa!Hai moito tempo que pasouOrneos de burro non chegan ao ceoDesacreditar o que se está escoitandoOutra vaca máis no millo!O que nos faltaba! Outro que tal baila!Para quen non quere teño eu moitoDise a quen (ou de quen) rexeita ou despreza algo que outro lle ofrece.Parar todo en fumeQuedar en nada, non se levar a cabo un asuntoPola/coa boca pequenaPor detrásPolo pan baila o canCando alguén ten interese por conseguir algo, fará o que faga falta.Poñerse na fura de dianteAlporizarse, axitarseQuedar coma un PepeQuedar farto.Quen ten cu ten medo!Que as fai, ten medo ou está intranquilo.Quen veña detrás que tanga/sacheQue se esforce, que traballe quen me sucedaQuente coma un rixón/roxónEstar ben quente.Saber o que esqueceu o demoSaber moitas cousasSen tempo non eraIndicar que algo tería que ter sucedido antes.Ser máis parvo ca os pelos do cuDemostrar moi pouca intelixencia, ser moi parvo.Ser ruín coma a fameSer mala persoaSer un toxoSer unha persoa arisca, difícil de tratar ou de mal carácter.Tarde piaches!Tarde ou fóra de tempo, normalmente cando xa non hai nada que facer.Traballar de baldeTraballar gratis, sen cobrar nadaTras do que non corro non cansoNon me importa nada, non se me dá nadaVaillo contar a túa avoaNon crer nada do que se está a dicirVai nun corrediño!Vai enseguidaVarrer para a casa, leva-la auga para o seu muíño/regoAntepoñer os seus interesesVerlle o cu á carriza/curuxa!Pasar por unha situación moi má; presentir un perigo ou dificultade

Notas

Véxase tamén Outros artigos Exercicios con xiros idiomáticos galegos en Wikibooks Exercicios con refráns galegos en Wikibooks

Ligazóns externas Expresións galegas, Biblioteca de Fillos de Galicia modismo, Dicionario da Real Academia Galega

Categoría:Listas Categoría:Lingüística galega