Vilar de Barrio é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1500 habitantes (1963 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».

Poboación

Censo total 1500 (2014) Menores de 15 anos 74 (4,93 %) Entre 15 e 64 anos 733 (48,87 %) Maiores de 65 anos 693 (46,2 %)

Patrimonio Hai restos de poboados castrexos en Bóveda e Padreda e restos de lápidas funerarias. Consérvase unha antiga ponte sobre o río Arnoia en Arnuíde e parte da vía romana que ía de Chaves ata Verín. Casa do marqués de Bóveda en Padreda e Casa dos Gaiosos na parroquia de Bóveda, do século XVIII.

Festas No mes de outubro ten lugar a festa gastronómica da pataca.

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares de Vilar de Barrio Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilar de Barrio vexa: Lugares de Vilar de Barrio.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Vilar de Barrio Estación de Vilar de Barrio

Categoría:Vilar de Barrio