Mikal Bridges, nado o 30 de agosto de 1996 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA). Con 1,98 metros de estatura xoga na posición de ala.
Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Bridges foi seleccionado polos Philadelphia 76ers na 10ª posición do Draft da NBA de 2018, pero pouco despois foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio de Zhaire Smith e unha futura elección da primeira rolda do Draft. O 6 de xullo de 2018, Bridges asinou cos Suns.https://www.nba.com/suns/press-release/phoenix-suns-sign-ayton-bridges-okoboking Debutou na NBA o 17 de outubro de 2018 na vitoria dos Suns por 121–100 contra os Dallas Mavericks.
O 9 de febreiro de 2023, os Suns traspasaron a Bridges ós Brooklyn Nets xunto a Cameron Johnson, Jae Crowder e catro eleccións da primeira rolda do Draft, a cambio de Kevin Durant e T. J. Warren.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets