miniatura|500x500px|O proceso da fagocitose mostrando a formación dun fagolisosoma. Os lisosomas (en verde) fusiónanse co fagosoma para formar o fagolisosoma. En bioloxía, un fagolisosoma ou endolisosoma é un corpo citoplasmático formado pola fusión dun fagosoma cun lisosoma nun proceso que ocorre durante a fagocitose. Trátase dun tipo de lisosoma secundario. A formación de fagolisosomas é esencial para a destrución intracelular de microorganismos e patóxenos. Ten lugar cando as membranas do lisosoma e fagosoma 'chocan', momento no que o contido do lisosoma (primario), incluíndo os seus encimas hidrolíticos, se descarga dentro do fagosoma e dixire as partículas que foron inxeridas e están dentro do fagosoma. Algúns produtos da dixestión son materiais útiles e pasan ao citoplasma, mentres que outros son expulsados por exocitose.
A fusión das membranas do fagosoma e o lisosoma está regulada pola proteína Rab5, un tipo de proteína G que permite o intercambio de material entre estes dous orgánulos, pero impide a fusión completa das súas membranas.
Función Os fagolisosomas funcionan reducindo o pH do seu ambiente interno, que así se fai máis ácido. Istro serve como un mecanismo de defensa contra microbios e outros parasitos perigosos e tamén proporciona un medio axeitado para a actividade encimática degradativa.
Os microbios son destruídos nos fagolisosomas por unha combinación de procesos oxidativos e non oxidativos. Os procesos oxidativos tamén se coñecen como explosión respiratoria e inclúen a produción "non mitocondrial" de especies reactivas do oxíxeno.
Ao diminuíren o pH e as concentracións de fontes de carbono e nitróxeno, os fagolisosomas inhiben o crecemento de fungos. Un exemplo é a inhibición do crecemento de hifas en Candida albicans.
Nos neutrófilos humanos os fagolisosomas destrúen patóxenos ao produciren tamén ácido hipocloroso.
Patóxenos que secuestran fagolisosomas Algúns icroorganismos poden prosperar dentro dos fagolisosomas. Coxiella burnetii, o axente causante da febre Q, prospera e replícase nos fagolisoosmas ácidos da súa célula hóspede. A acidez do fagolisosoma é esencial para que C. burnetii transporte glicosa, glutamato e prolina, así como para a súa síntese de ácidos nucleicos e proteínas.
De xeito similar, cando Leishmania está en estado de amastigote obtén todas as súas fontes de purina, varias vitaminas, e varios aminoácidos esenciais do fagolisosoma do seu hóspede. Leishmania tamén obtén grupos hemo da proteólise de proteínas que ten lugqar no fagolisosoma do hóspede .
Notas
Categoría:Orgánulos Categoría:Bioloxía celular