Otto Mørkholm, nado o 28 de xullo de 1930 en Copenhague e finado o 16 de xullo de 1983 en Frederiksberg, Selandia, foi un numismático dinamarqués.Krmnicek, S. (2014) ."Otto Mørkholm (1930-1983)". www.danskmoent.dk

Traxectoria Otto Mørkholm estudou Filoloxía e Historia Clásica na Universidade de Copenhague, onde se graduou en 1955. En 1966 acadou o seu doutoramento na Universidade de Aarhus.

En 1959 comezou a traballar, en Copenhague, na Colección Real de Moedas e Medallas (Kongelige Møntog Medaillesamling), organismo do que foi director desde 1960 ata a súa morte en 1983.

Paralelamente, entre 1967 e 1982, Mørkholm exerceu como profesor de Historia Antiga e Numismática na Universidade de Copenhague.

De 1965 a 1979 foi secretario da Comisión Internacional de Numismática.

Nos seus estudos, Mørkholm centrouse principalmente na moeda da Antiga Grecia, sinaladamente na do período helenístico. Entre as súas publicacións cómpre salientar un completo traballo sobre as moedas de Antíoco IV de Siria e, como publicación póstuma, un profundo estudo acerca das primeiras emisións helenísticas.Véxase "Publicacións". "Monografías" (1966) e (1991).

Xunto con Margaret Thompson e Colin M. Kraay, publicou o texto de referencia para o estudo dos tesouros monetarios de Grecia. Os fondos da Colección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca, que el dirixiu, figuran nos nove volumes do Sylloge Nummorum Graecorum.Véxase "Publicacións". "Monografías" (1959-1979).

Recoñecementos

(1981): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1982): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Publicacións

Monografías Esta é unha selección das monografías máis significativas publicadas por Mørkholm ao longo da súa traxectoria académica."Morkholm, Otto". WorldCat Identities.

(1959-1979). Sylloge Nummorum Graecorum. The Royal Collection of Coins and Medals, Danish National Museum. Vols. 35-43. Copenhague. (1963). Studies in the coinage of Antiochus IV of Syria. Munksgaard, Copenhague. (1966). Antiochus IV. of Syria. Gyldendalske Bogh., Copenhague. (1973). An Inventory of Greek Coin Hoards (con M. Thompson e C. M. Kraay). American Numismatic Society, Nova York. (1991). Early Hellenistic Coinage. From the Accession of Alexander to the Peace of Apamea (336-188 B.C.) (edición de P. Grierson e U. Westermark). Cambridge University Press, Cambridge. ISBN 0-521-39504-6

Artigos Esta é unha escolma dos artigos publicados por Mørkholm en revistas numismáticas de diversos países:"Mørkholm, Otto 1930-1983 ". Digital Library Numis.

(1964). "The classification of Lycian coins before Alexander the Great". En Jahrbuch für Numismatik und Geldgeschichte. 14. Páxinas 65-76. (1964). "Zwei neue kleinasiatische Münzstätten". En Jahrbuch für Numismatik und Geldgeschichte. 14. Páxinas 77-78. (1964). "Some Cappadocian die-links". En Numismatic Chronicle. 7ª serie. 4. Royal Numismatic Society. Páxinas 21-25. (1965). "Le monnayage de Séleucus IV à Nisibe". En Revue Numismatique. 6ª serie. 7. Société française de numismatique. Páxinas 44-50. (1971). "Une trouvaille de monnaies grecques archaiques". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 50. Páxinas 79-91. (1975). "Ptolemaic coins and chronology : the dated silver coinage of Alexandria". En Museum Notes. 20. American Numismatic Society. Páxinas 7-24. (1978). "The coinages of Ariarathes VI and Ariarathes VII of Cappadocia". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 57. Páxinas 144-163.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Krmnicek, S. (2014). "Mørkholm, Otto ". En Brill’s New Pauly Supplements I - Volume 6 : History of classical Scholarship - A Biographical Dictionary. ISBN 978-3-476-02033-8 Le Rider, G.; Jenkins, K. et al. (1989). Kraay-Mørkholm essays. Numismatic studies in memory of C. M. Kraay and O. Mørkholm. Institut Supérieur d'Archéologie et d'Histoire de l'Art, Louvain-La-Neuve. Santamas, M. L. (1983). "Otto Mørkholm, 1930-1983 : in memoriam". En Cyprus Numismatic Society Numismatic Report. Vol. 14. Páxinas 7-10. Skaare, K. (1983). "Otto Mørkholm, 28.VII.1930-16.VII.1983". En Compte rendu 30. Commission internationale de numismatique. Páxinas 23-24. Thompson, M. (1983). "Otto Mørkholm, 1980-1983". En ANS Newsletter. American Numismatic Society. Páxina 3.

Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Numismáticos de Dinamarca Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Alumnos da Universidade de Copenhague Categoría:Alumnos da Universidade de Aarhus Categoría:Profesores da Universidade de Copenhague Categoría:Personalidades sen imaxes