Kadambini Ganguly () nada en Bhagalpur o 18 de xullo de 1861 e finada en Calcuta o 3 de outubro de 1923, foi con Anandibai Joshi unha das primeiras dúas mulleres doutoras da India así como de todo o Imperio Británico. Kadambini foi tamén a primeira muller de Asia Meridional en graduarse en medicina occidental.

Traxectoria Kadambina era a filla do reformador brahmo Braja Kishore Basu e naceu en Bihar, entón na India Británica. Así e todo, a familia era bengalí, orixinaria de Chandsi, na rexión de Barisal que dende a súa creación forma parte de Bangladesh. O seu pai era o director da escola de Bhagalpur e canda Abhay Charan Mallick comezou o movemento para a emancipación das mulleres en Bhagalpur ao crear a organización Bhagalpur Mahila Samiti en 1863, a primeira da súa clase na India.

Kadambini comezou a súa educación na Banga Mahila Vidyalaya de Calcuta e en 1878 converteuse na primeira muller en superar o exame de admisión para a Universidade de Calcuta mentres estaba na Bethune School, e en parte polo recoñecemento dos seus esforzos foi que se transformou en Bethune College con estudos de First Arts (FA) e cursos de graduación a partir de 1883. Kadambina e Chandramukhi Basu foron as primeiras alumnas graduadas no novo centro universitario e como tales as primeiras mulleres graduadas no país e en todo o Imperio Británico. Kadambini entrou na Facultade de Medicina en 1883, a pesar de fortes críticas no seo dunha sociedade aínda maioritariamente oposta á igualdade de dereitos para as mulleres e en 1886 graduouse en medicina ao que a tornaba na primeira muller médica cun título de medicina occidental en toda Asia meridionalAsí e todo, pola hostilidade de varios dos seus profesores non recibiu un Bachelor of Medicine senón un Graduate of Medical College, Bengal, o que lle permitía practicar a medicina pero baixo a supervisión de doutores homes. Gayathri Ponvannan (2019) "Kadambini Ganguly" in Unstoppable: 75 Stories of Trailblazing Indian Women. Hachette India. En 1888 comezou a exercer no Hospital Lady Dufferin de Karachi, que era un establecemento para mulleres. En 1893 viaxou ao Reino Unido e realizou cursos de especialización para lograr o diploma de licenciatura do Royal College of Physicians de Edimburgo (LRCP), do Royal College of Surgeons de Glasgow (LRCS) e da Faculty of Physicians and Surgeons de Dublín (LFPS).. Á volta á India designárona superintente do hospital e en 1894 exerceu como doutora ao cargo das pacientes externas doutro hospital feminino, o Hospital Eden de Calcuta e mais tamén foi lectora das estudantes da Escola de Medicina Campbell. Pouco tempo despois pasou á práctica privada, e en 1895-1896 tratou á raíña nai do Nepal con bos resultados, o que provocou que outras familias reais tamén acudisen a ela.

Fixo activamente campaña polos dereitos das mulleres e en 1889 foi unha das primeiras seis mulleres elixidas para acudir á quinta sesión do Congreso Nacional Indio que se celebrou en Bombai e en 1890 no sexto foi a primeira muller en se dirixir á asemblea do CNI. A súa actividade pública supuxo un enfrotamento cunha parte da sociedade india, e mesmo en 1891 a revista Bangabashi denominouna "puta" o que non logrou o cesamento da súa determinación. O seu marido, Dwarkanath Ganguly, levou o caso ao tribunal e, finalmente, logrou unha sentenza de prisión de 6 meses para o editor Mahesh Pal. En 1906 coordinou unha conferencia de mulleres nos que xuntou ás esposas dos delegados do CNI que asistían á sesión do partido. En 1922 unha comisión de investigación gobernamental comisionouna coa poeta Kamini Roy para indagar nas condicións das mulleres empregadas nas minas de carbón en Bihar e Orissa.

Notas

Categoría:Finados en 1923 Categoría:Nados en 1861 Categoría:Médicos da India Categoría:Nados en Bihar Categoría:Alumnos da Universidade de Calcuta Categoría:Activistas da India