Pandita Ramabai Sarasvati, nada como Rama Dongre en Mangalore o 23 de abril de 1858 e finada en Pune o 5 de abril de 1922, foi unha escritora, activista polos dereitos e a educación das mulleres e unha reformadora social india. Foi a primeira muller en ser recoñecida co título de Pandita.

Traxectoria Naceu no seu dunha familia brahmana marathi, seu pai, Anant Shastri Dongre, era un estudoso do sánscrito e aprendeulles esa lingua clásica á muller, Lakshimi e os fillos contra da tradición. A familia vivía pobremente do que obtiña seu pai lendo os puranas polas aldeas e vilas e durante a Gran Fame de 1876-78 morréronlle seus pais e súa irmá. Ramá e seu irmán Srinivas continuaron a viaxar por toda a India recitando as escrituras en sánscrito. A fama de Ramabai chegou a Calcuta, e os pandits convidárona a visitar Bengala e en 1878 a Universidade de Calcuta, nunha competición con outros candidatos homes, conferiulle os títulos de Pandita e Sarasvati polo seu coñecemento dos versos das escrituras en sánscrito. O reformador relixioso monoteísta Keshab Chandra Sen deulle unha copia de Vedas, o texto máis sagrado de toda a literatura hinduísta, e animouna a lelos. Tras a morte de Srinivas en 1880, Ramabai casou con Bipin Behari Medhvi, un avogado bengalí, un kayastha, unha casta alta mais inferior á brahmana e polo tanto a voda considerábase inapropiada nesa época. Casaron nunha cerimonia civil o 13 de novembro de 1880, e o matrimonio tivo unha filla, Manorama.

Activismo Despois da morte de Medhvi en 1882, Ramabai, que tiña 23 anos, mudouse para Pune e fundou a organización Arya Mahila Samajco obxectivo de promover a educación das mulleres e a liberación da opresión do matrimonio infantil. Nese ano tamén publicou o seu primeiro libro, Strīdharmanīti en marathi, dedicado á educación das mulleres. Cando en 1882 o goberno da India creou unha comisión para constatar o estado da educación, Ramabai declarou que a maioría dos homes se opuñan á educación e a mellora da posición das mulleres, e suxeriu que se educase a profesoras e que se creasen postos para inspectores das escolas femininas e ademais que se habían de admitir mulleres nas facultades de medicina. As súas palabras foron moi comentadas na época e deron froitos pouco despois, ao promover lady Dufferin, a dona do vicerrei da India, a entrada da primeira muller, Kadambini Ganguly, nunha facultade de medicina india. miniatura|Pandita Ramabai nun selo postal da India que se emitiu en 1989 con motivo do centenario do establecemento da misión en Mukti miniatura|esquerda|Ramabai coa súa filla Manorama en 1911 En 1883 Ramabai foi a Gran Bretaña para principiar unha formación médica, pero por mor dunha progresiva xordeira non a admitiron en ningún programa médico e decidiuse a entrar nun programa de maxisterio do Cheltenham Ladies' College. Durante a súa estadía no Reino Unido converteuse ao cristianismo por influencia da orde relixiosa anglocatólica Comunidade de María a Virxe. En 1886 foi aos Estados Unidos para participar na graduación dun familiar Anandi Gopal Joshi, a primeira muller india médica, con Kadambini. Ramabai permaneceu durante dous anos no país, traduciu libros de texto, deu conferencias nese país e no Canadá e publicou en inglés The High-Caste Hindu Woman que amosaba os apectos máis escuros da vida das mulleres hinduístas, incluíndo as nenas casadas e as nenas viúvas e en xeral buscou expoñer a opresión das mulleres na India Británica hinduísta.

En 1889 estableceu unha misión en Mukti para a mellora da vida dos nenos e das mulleres. En 1896, durante unha época de fame negra, Ramabai percorreu as aldeas de Maharashtra, cunha caravana de carros e rescatou milleiros de nenos parias, nenas viúvas ou orfas e levounas a refuxios en Mukti e Sharada Sadan. Contra 1900 había 1.500 residentes na misión de Mukti e tamén estaba implicada no establecemento dunha igrexa en Mukti e en 1905 estableceu un círculo de oración para a conversión do pobo e para iso consideraba que as escrituras debíanlle chegar na súa lingua; aprendeu grego e hebreo para traducir a Biblia dende os orixinais ao marathi e aínda que xa existía unha tradución nesa lingua, era nunha variedade culta moi influída polo sánscrito e arredada da fala popular que empregaban as mulleres, e a elas ía dirixida a súa traduciónque principiou en 1908 e que completou en 1922, pouco antes de morrer.

Coa axuda da súa filla Manorama Bai, que estudara na Universidade de Bombai e que ampliara os seus estudos nos Estados Unidos, estableceu nunha escola cristiá en Gulbarga en 1912 e era a súa sucesora natural na misión de Mukti pero morreu en 1921, o que supuxo un forte choque para Ramabai, e nove meses despois, afectada por unha bronquite, morreu unhas semanas antes do seu 64 aniversario. A Igrexa de Inglaterra e as outras igrexas anglicanas británicas celebran a súa festa o 30 de abril mentres a Igrexa do Norte da India, unha igrexa protestante unitaria na que se integraron as dioceses anglicanas do norte da India, celebra a súa festa o 29 de setembro.

Notas

Categoría:Escritores en lingua marathi Categoría:Venerados pola Comuñón Anglicana Categoría:Finados en 1922 Categoría:Nados en 1858 Categoría:Tradutores da Biblia Categoría:Nados en Karnataka Categoría:Activistas da India