NK-33 é a designación dun motor foguete fabricado pola oficina de Kuznetsov nos anos 1970 e deseñado para ser usado na primeira etapa dos foguetes N1.
Características Os motores NK-33 funcionan alimentados por osíxeno líquido e queroseno e teñen un pulo de 1638 kN.
Coa cancelación do foguete N1 os motores NK-33 quedaron almacenados a pesar de darse ordes para a súa destrución. Despois da caída da Unión Soviética os motores foron comprados por Aerojet e renomeados AJ26-62 para ser usado no foguete Antares (inicialmente coñecido como Taurus II), case 40 anos despois de ser fabricados.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos N1 Antares NK-15
Categoría:Motores foguete