Riot Act é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de grunge Pearl Jam. Foi editado o 12 de novembro de 2002 a través do selo Epic. Despois dunha extensa xira de promoción do seu anterior traballo, Binaural, Pearl Jam tomouse un ano de descanso. A banda volveu reunirse a principios do 2002 e comezou a traballar no novo álbum. A súa música ten sons diferentes tendo cancións influenciadas polo folk o art rock e a música experimental.
Riot Act estreouse no número cinco da lista Billboard 200. A banda promoveu o disco cunha xira no ano 2003 moi cargada de contido político. Riot Act foi o derradeiro álbum de Pearl Jam con material novo lanzado pola Epic. O disco foi certificado ouro pola RIAA nos Estados Unidos.
Listaxe de cancións "Can't Keep" – 3:39 "Save You" – 3:50 "Love Boat Captain" – 4:36 "Cropduster" – 3:51 "Ghost" – 3:15 "I Am Mine" – 3:35 "Thumbing My Way" – 4:10 "You Are" – 4:30 "Get Right" – 2:38 "Green Disease" – 2:41 "Help Help" – 3:35 "Bushleaguer" – 3:57 "1/2 Full" – 4:10 "Arc" – 1:05 "All or None" – 4:37
Categoría:Álbums de Pearl Jam Categoría:Álbums musicais de 2002 Categoría:Álbums producidos por Adam Kasper