Marcial Peralba Fontáns, nado no Porriño e finado no mesmo concello o 25 de novembro de 1965,El Pueblo Gallego, 26-11-1965, p. 10. foi un empresario e político galego.
Traxectoria Contratista de obras. Concelleiro do Porriño en 1930, foi elixido primeiro tenente de alcalde na corporación presidida por José Carrera Domínguez.El Pueblo Gallego, 19-3-1931, p. 7. Na Segunda República fundou con Manuel Cabaleiro Comesaña a Agrupación Republicana do Porriño.El Pueblo Gallego, 13-5-1931, p. 3. Logo da repetición das eleccións municipais o 31 de maio, que foron anuladas polo gobernador civil nun dos distritos electorais e houbo que repetirlas o 12 de xullo,El Tea, 23-7-1931, p. 2. obtendo finalmente a vitoria a conxunción republicano-socialista que logrou 10 concelleiros fronte aos 6 dos antigos upetistas, foi elixido alcalde do Porriño en agosto de 1931.El Tea, 3-8-1931, p. 2.El Tea, 11-8-1931, p. 3. Foi cesado en agosto de 1932 por incompatibilidade.El Sobroso, 1-9-1932, p. 2. Foi elixido presidente do Casino do Porriño en xaneiro de 1934.El Tea, 4-1-1934, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro do Porriño en 1937 e elixido segundo tenente de alcalde.El Pueblo Gallego, 19-12-1937, p. 2. O 15 de maio de 1939 tomou posesión como alcalde, permanecendo no cargo até novembro dese ano.
Vida persoal Casou con Carmen Cabaleiro Rodríguez e foi pai de Carmen, María Rogelia e Marcial Peralba Cabaleiro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes do Porriño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes