Xosé Luís Baltar Pumar, nado en Esgos o 10 de outubro de 1940, é un político galego.
Traxectoria Mestre, foi alcalde de Nogueira de Ramuín (1976-1995), presidente da deputación provincial de Ourense dende 1990, senador (1993-2000). Foi secretario xeral de Centristas de Galicia ata que ese partido se integrou no PPdeG, do que é presidente provincial.
En xaneiro de 2003 impulsou unha rebelión de deputados ourensáns contra o que entendía era unha deriva de "desgaleguización" do PPdG a raíz da destitución de Xosé Cuíña co gallo da crise do Prestige, ameazando con deixar a Fraga en minoría no Parlamento de Galicia.Beramendi (2007-2008), p.193 Como continuación desta liña política, o 20 de setembro de 2004 comunicou a Fraga a súa intención de formar un partido nacionalista de centro dereita sucesor de Centristas de Galicia, se non se lle daba total liberdade para formar a lista de Ourense para as eleccións autonómicas de 2005 e non se incluía ao defenestrado Cuíña nun posto digno na de Pontevedra. O 4 de outubro Fraga chegou a un acordo con el aceptando estas condicións.Beramendi (2007-2008), p. 209
Sucesión En xaneiro de 2010 o seu fillo, José Manuel Baltar Blanco gañaba o XV Congreso provincial do Partido, nunha pretendida reafirmación de autonomía e identidade galega e ourensá, con algo máis do 60% dos votos, e no que tivo enfronte unha candidatura apoiada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O 24 de xaneiro de 2012, con 71 anos de idade, anunciou publicamente a dimisión dos cargos públicos que mantiña: presidente da Deputación de Ourense, deputado provincial nesa mesma provincia e concelleiro no concello de Ourense, quedando exclusivamente como militante de base do PPdeG. Foi sucecido polo seu fillo, José Manuel Baltar Blanco.
Condena Durante o seu período á fronte da Deputación de Ourense, foi acusado en varias veces de favoritismos e malas prácticas sen que se puidese probar nada. Porén, dous anos despois de dimitir de tódolos seus cargos, foi condenado pola contratación irregular de 104 traballadores en vésperas do congreso provincial no que se levou a cabo o seu relevo. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Nogueira de Ramuín Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Alcaldes de Nogueira de Ramuín Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia por Centristas de Galicia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Nados en Esgos Categoría:Nados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes