Aurora Rodríguez Carballeira, nada en Ferrol o 23 de abril de 1879 e finada en Ciempozuelos (Madrid) o 28 de decembro de 1955, foi unha muller galega que pasou á historia por ser a nai de Hildegart, un experimento científico que ela concibiu como "a muller do futuro", a quen ela mesma asasinou.
Traxectoria Aínda que adoitaba mentir sobre a súa idade, e circulan moitas versións, crese que naceu en 1879, na casa familiar da rúa Madalena. Sempre se laiou da carencia dunha educación formal para ela, o que puido ser unha das razóns aducidas para que a súa filla completase o labor para o que Aurora non estaba preparada. Supliu esa carencia con lecturas da biblioteca de seu pai, Francisco Rodríguez Arriola, de ideas liberais e progresistas, fundamentalmente de socialistas utópicas.
A súa irmá Josefa tivo un fillo de solteira e deixouno ao coidado de Aurora, quen tiña daquela 16 anos. Esta educouno até se converter no neno prodixio Pepito Arriola. Este axiña foi reclamado por súa nai e levado a Madrid onde, segundo Aurora, tivo un enorme éxito. Porén, a familia de Pepito di que nunca se separou de súa nai. Este suceso afondou as súas ideas reformadoras e a prol da euxénese, amais da súa preocupación polos dereitos da muller. Isto levouna a concibir o proxecto de criar unha muller en condicións óptimas que chegase a ser un exemplo das súas ideas.
Logrou atopar un pai que nunca puidese reclamar a criatura. A profesora Rosa Cal estableceu con fundamento que se trataba dun cura castrense de Lleida chamado Alberto Pallás, con quen tivo, como "colaborador fisiolóxico", tres "encontros carnais" (sempre segundo Aurora). Cando estivo segura do embarazo marchou a Madrid para darlle á súa filla a vida que lle tiña preparada. miniatura|300px|Imaxe do xuízo a Aurora Rodríguez Carballeira pola morte da súa fillaFraga, Xesús (7/10/2021). "Juan Durán converte nun ballet a traxedia de Hildegart" La Voz de Galicia
O experimento inicialmente cumpriu as expectativas de Aurora: Hildegart converteuse nunha personalidade internacional. Con todo, a liberdade en que fora educada levaríaa a un profundo compromiso político e a separarse de súa nai. Aurora, inspirada polo medo a perder a Hildegart, derivado dunha suposta conspiración para estragar a súa "escultura de carne", asasinouna mentres a moza durmía. Nunca se arrepentiu do seu acto e repetiu que volvería facelo. Foi condenada a 26 anos de cárcere, que cumpriu na maior parte no hospital psiquiátrico de Ciempozuelos (Madrid).
Inicialmente críase que desaparecera durante a guerra civil española. Porén, cando se atopou o seu historial en 1977, sóubose que realmente morrera de cancro no antedito centro o 28 de decembro de 1955.
Obras inspiradas na súa vida Novelas Aurora de sangre (Vida y muerte de Hildegart) de Eduardo De Guzmán 1972, Editorial Mundo Actual. Aurora de sangre o la virgen roja de Rafael Azcona, Jet Films 1977. Guión do filme de Fernán Gómez baseado na novela de Eduardo de Guzmán. Hildegart, la virgen roja (Joan Llarch Roig), Barcelona, Producciones editoriales, 1979. 155 p. Auroras Anlaß de Erich Hackl, Zürich, 1987. La virgen roja de Fernando Arrabal, Barcelona, Seix Barral, 1987. El manuscrito encontrado en Ciempozuelos: análisis de la historia clínica de Aurora Rodríguez (Guillermo Rendueles), ed. Endymion, Madrid, 1989, ISBN 84-7731-023-8. Estudio del historial clínico de Aurora en el hospital de Ciempozuelos. A mí no me doblega nadie: Aurora Rodríguez, su vida y su obra (Hildegart) (María Rosa Cal Martínez), Ediciós do Castro, Sada (La Coruña), 1991. Mi querida hija Hildegart (Carmen Domingo), ed. Destino, 2008. Infierno: Ribellarsi al Destino. Traduzione e studio de La virgen roja di Fernando Arrabal (Antonietta Martini), Edizioni Accademiche Italiane, Saarbrücken, 2014. La madre de Frankenstein de Almudena Grandes, Tusquets, 2020.
Cinema En 1977 Fernando Fernán Gómez dirixiu o filme Mi hija Hildegart, con Amparo Soler Leal no papel de Aurora. The red virgin (2014), dirixida por Sheila Pye. Hildegart oder Projekt: Superwoman (2016), dirixida por Barbara Caspar.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cal Martínez, Rosa (1991). A mi no me doblega nadie: Aurora Rodríguez, su vida y su obra (Hildegart). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-542-8 . Domingo Soriano, Carmen (2008). Mi querida hija Hildegart. Destino. ISBN 978-84-233-4028-6 .
Rendueles Olmedo, Guillermo (1989). El manuscrito encontrado en Ciempozuelos. Ediciones Endymion. ISBN 84-7731-023-8.
Ligazóns externas
Categoría:Sociólogos de Galicia Categoría:Psicólogos de Galicia Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Asasinos Categoría:Finados por cancro Categoría:Criminais de Galicia