miniatura|Choque no que estiveron involucrados un coche e unha motocicleta miniatura|O fardier à vapeur de Nicolas-Joseph Cugnot chocou contra un muro en 1771.Non obstante, a primeira morte coñecida nun choque data de 1801. Un accidente de tráfico ocorre cando un vehículo colide con outro vehículo, cun peón, cun animal ou con outro elemento, como un sinal de tráfico, unha árbore ou un edificio. Os accidentes de tráfico frecuentemente provocan feridas, discapacidades ou a morte, e danos á propiedade, ademais de custos financeiros á sociedade e aos individuos involucrados. O transporte por estrada é a situación máis perigosa á que se enfronta a xente na súa vida cotiá, a pesar de que estes accidentes adoitan atraer menos a atención que outras traxedias menos frecuentes.
Numerosos factores contribúen ao risco de colisión, como o deseño do vehículo, a rapidez de operación, o deseño e as condicións da estrada, as habilidades na condución, a influencia do alcohol e as drogas e o comportamento, especialmente a condución agresiva, as distraccións, a velocidade excesiva e as carreiras.
En 2013, 54 millóns de persoas sufriron feridas en todo o mundo por accidentes de tráfico. Resultou en 1,4 millóns de mortes ese ano, máis do 1,1 millón de falecementos en 1990. Arredor de 68 000 destas foron de nenos menores de cinco anos. Case todos os países desenvolvidos diminuíron a taxa de morte, mentres que a maioría dos países con rendas máis baixas incrementaron a taxa de falecemento por accidente de tráfico. Mentres a taxa de morte en África é a máis alta (24,1 por 100 000 habitantes), a taxa máis baixa é a de Europa (10,3 por 100 000 habitantes).
Epidemioloxía miniatura|upright=1.5|Taxa de morte a causa de accidentes de tráfico en 2017. thumb|upright=1.5|Mortes na estrada por vehículo-km (mortes por mil millóns de quilómetros) En 2013, morreron entre 1,25 e 1,4 millóns de persoas por esta causa, aumentando dende o 1,1 millóns en 1990. Esta cantidade supón arredor do 2,5% de todas as mortes. Aproximadamente outros 50 millóns de persoas máis resultaron feridas, un número que non cambiou dende 2004.
A India rexistrou 105 000 falecementos por accidentes de tráfico nun ano, seguido pola China con 96 000.´"Nearly 300 Indians die daily on roads, shows report". Business Standard. 17 de agosto de 2009. Os accidentes con vehículos de motor son a principal causa de lesións e de morte entre os nenos de entre 10 e 19 anos en todo o mundo e a sexta causa que se pode previr nos Estados Unidos.
Historia O primeiro accidente mortal de tráfico rexistrado aconteceu o 31 de agosto de 1869. A científica irlandesa Mary Ward morreu cando caeu do coche de vapor do seu primo e foi atropelada por el.Aínda que algunhas fontes afirman que Mary Ward foi a primeira persoa falecida a causa dun accidente cun vehículo de motor, en xullo de 1834 tivo lugar un choque anterior dun vehículo de vapor. No suceso, un carro de motor construído por John Scott Russell e que realizaba un transporte público entre Glasgow e Paisley envorcou, provocando unha explosión que matou catro ou cinco pasaxeiros. O vehículo de Russell tiña un motor de vapor que tiraba dun carro con pasaxeiros. O accidente de Mary Ward pode considerarse o primeiro accidente mortal dun vehículo a motor contemporáneo, en que o motor e o carro dos pasaxeiros están nun mesmo marco.
O primeiro accidente mortal dun coche autónomo que acabou coa vida dun peón ocorreu en Arizona o 18 de marzo de 2018. A peoa, Elaine Herzberg estaba camiñando coa súa bicicleta fóra da beiravía, e faleceu no hospital despois de ser golpeada por un vehículo autónomo que estaba a ser probado por Uber.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas WHO road traffic injuries NHTSA Accident Statistics U.S. DOT Fatality Analysis Reporting System FARS
Categoría:Accidentes