Razón e Fe é unha revista de tipo cultural da Compañía de Jesús. Foi fundada en 1901,Ruiz Sánchez (2002), p. 23 polo que é a revista de cultura máis antiga de España. Publicouse ininterrompidamente desde entón, incluíndo os períodos da expulsión da Compañía de Jesús e da Guerra civil española.
Traxectoria Dende a súa fundación tratou de concordar os dous elementos que compoñen o seu título, facilitando o diálogo entre a fe cristiá e as diferentes formas nas que se manifesta a cultura.
Durante o franquismo, apoio o bando máis propiamente católico, monárquico e tradicional, fronte ao propiamente falanxista.
A estrutura é sinxela contando con editoriais, artigos e comentarios de libros. É unha revista de divulgación que toca todo tipo de temas. O seu actual director é o P. Jaime Tatay, SJ. Publica dez números ao ano.
Outras revistas culturais que a Compañía de Jesús publica en Europa son:
Étvdes, en Francia. La Civiltà Cattolica, en Italia. Stimmen der Zeit, en Alemaña.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Sitio oficial da revista
Categoría:Revistas españolas do século XXI Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:Compañía de Xesús