Charles-François Gounod, nado en París o 17 de xuño de 1818 e finado en Saint-Cloud o 18 de outubro de 1893, foi un compositor francés famoso sobre todo polas súas óperas e música relixiosa.

Traxectoria Gounod era fillo dun pintor e dunha pianista.Huebner, Steven. "Gounod, Charles-François", Grove Music Online, Oxford University Press, 2001. Consultado o 21 de novembro de 2019 Moi novo, entrou no Conservatorio de París, onde foi alumno de Jacques Fromental Halévy e Lesueur. En 1839, compuxo unha cantata (Ferdinand) e gañou o Prix de Rome,Hillemacher, p. 14 un recoñecido premio para compositores novos, que daba dereito a unha bolsa de estudos en Italia.

Gounod foi a Roma, onde ficou por tres anos, e entrou en contacto coa música polifónica do século XVI, en especial coa música do compositor renacentista italiano Giovanni Pierluigi da Palestrina.Charles Gounod. - Encyclopædia Britannica Tomado por ideas místicas (que nunca o abandonaron completamente), pensou en entrar no sacerdocio e comezou a compor música relixiosa.

Terminados os seus estudos en Italia, regresou a Francia, mais non sen antes pasar por Viena, e asumiu o cargo de organista na Igrexa das Misións Estranxeiras en París, que ocupou durante tres anos. Por volta desa época, coñeceu dúas mulleres que tiveron grande influencia na súa vida: unha foi a cantante Pauline Viardot, que o introduciu no mundo da ópera, e a outra foi Fanny Hensel, que presentou a Gounod o seu irmán, o célebre compositor Felix Mendelssohn.Harding, pp. 42–44 A través de Mendelssohn, Gounod entrou en contacto coa música de Bach, entón pouco coñecida.Hendrie, pp. 5–6

A primeira ópera de Gounod, Sappho, estreouse en 1851. Seguírona varias óperas, mais as máis importantes foron Faust (1859), Mireille (1864), Roméo et Juliette (1867), as tres entre as máis populares do repertorio de ópera francés.

En 1852, Gounod converteuse no rexente da Orphéon Choral Society de París, para o que escribiu varias pezas de música coral, incluídas dúas misas.

Ao estalar a guerra franco-prusiana (1870), Gounod refuxiouse en Inglaterra, onde permaneceu ata 1875. Aló, tivo unha amante inglesa, Georgina Weldon, e a súa música gozou dun grande éxito na Inglaterra vitoriana.Harding, p. 166

Nos últimos anos da súa vida, Gounod só compuxo música relixiosa.

Obras Óperas 1851: Sappho 1854: La nonne sanglante 1858: Le médecin malgré lui 1859: Faust 1860: Philémon et Baucis 1860: La colombe 1862: La Reine de Saba 1864: Mireille 1867: Roméo et Juliette 1877: Cinq-mars 1878: Polyeucte 1881: Le tribut de Zamora

Oratorios 1866: Tobie 1871: Gallia 1878: Jésus sur le lac de Tibériade 1882: La rédemption 1883: Christus factus est 1884: Mors et vita

Música sinfónica Sinfonía n.º 1 Sinfonía n.º 2

Música de cámara Cuarteto para cordas en la menor Cuarteto para cordas n.º 1, en dó menor «Le petit quatuor» Cuarteto para cordas n.º 2, en la maior Cuarteto para cordas n.º 3, en fa maior 1885: Petite symphonie para nove instrumentos de vento (unha ou dúas frautas, dous óboes, dous clarinetes, dúas trompas e dous fagots)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Charles Gounod recordings en Discography of American Historical Recordings.

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1818 Categoría:Finados en 1893 Categoría:Compositores de ópera Categoría:Compositores de Francia Categoría:Compositores do Romanticismo