O castelán portorriqueño é a variedade da lingua castelá ou español falado en Porto Rico, así como polos descendentes de portorriqueños fóra da illa, principalmente nos Estados Unidos de América. Pertence ao grupo do castelán caribeño, e como tal, deriva en gran medida do castelán canario e do andaluz. Fóra de Porto Rico, o castelán portorriqueño é a variedade falada polos migrantes que habitan en cidades como Orlando, Nova York, Filadelfia, Miami, Tampa, Boston, Cleveland ou Chicago. Porén, non tódolos portorriqueños fóra da illa coñecen o castelán, xa que ao contrario que os insulares, falan principalmente inglés. É falado por 3,3 millóns de persoas (2018).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Dialectos da lingua castelá de América