O castelán saharauí é a variedade da lingua castelá falada no Sáhara Occidental e en rexións adxacentes, como no exilio en Alxeria como segunda lingua, con recoñecemento oficial, mais non como lingua nativa.Cf. Pilar Candela Romero, «El español en los compamentos de refugiados saharauis (Tinduf, Argelia)».
Características A lingua castelá falada como segunda lingua polos saharauís está influenciada por dialectos árabes, sobre todo do árabe hassanía. Tamén o falan na alxeriana provincia de Tinduf nos campos de refuxiados saharauís,El idioma español en el Sáhara en: Campamentos de Refugiados de Tindouf. Consultado el 26-08-2012. debido a que o Sáhara Occidental foi unha provincia marítima española até a súa retirada en 1976. Na RASD estúdase tamén o castelán como lingua cooficial nas escolas e o goberno saharuí emprégao na administración (especialmente na área da saúde e emitindo todos os comunicados en ámbalas linguas), formando un caso de bilingüismo social xa que tamén é falado de xeito cotián por gran parte da poboación e é aprendida de maneira oral. O castelán tamén é usado nos medios de comunicación locais. No eido da saúde utilízase o castelán xa que os materiais de consulta médicos que se usan proveñen de Cuba e España. As moedas da peseta saharauí teñen inscricións en castelán.
Notas
Categoría:Dialectos do castelán