Luiz Ruffato, nado en Cataguases, 4 de febreiro de 1961, é un escritor brasileiro. A súa novela Eles eram muitos cavalos, de 2001, gañou o Trofeo APCA ofrecido pola Asociación Paulista de Críticos de Arte e o Premio Machado de Assis da Fundación Biblioteca Nacional. En 2011, coa publicación da novela Domingos Sem Deus, concluíu a pentaloxía Inferno Provisório.
En 2015 a AELG declarouno Escritor Galego Universal.
Traxectoria Nacido en Cataguases, Minas Xerais en 1961, é fillo dun pipoqueiro e dunha lavadeira de roupas. Formouse en tornearía-mecánica polo Senai e traballou como obreiro da industria téxtil, pipoqueiro e atendente de armariño durante a xuventude. Graduouse en Comunicación pola Universidade Federal de Xuíz de Fóra e traballou en diversos xornais até se mudar para São Paulo en 1990. En 2003, abandonou a carreira de xornalista para se tornar escritor a tempo integral.
Obras
Primeiras obras O Seu primeiro libro publicado foi Histórias de Remorsos e Rancores (1998), reunión de sete contos que xiran en torno aos mesmos personaxes, moradores do beco do Zé Pito, en Cataguases. En comentario, o escritor Ivan Ângelo afirma que o autor demostra “orixinalidade, ousadía formal, dominio da narrativa e do asunto, creación dunha linguaxe que define o lugar e as persoas”.
En 2000, publicou (os sobreviventes), que recibiu mención especial do Premio Casa de las Américas. O libro está composto por seis contos, cuxos personaxes son persoas comúns das clases baixa e media.
Ambos os libros, revisados e reescritos, foron incorporados ao proxecto Inferno Provisório.
Eles eram muitos cavalos A súa primeira novela, Eles eram muitos cavalos, publicado en 2001, recibiu o Trofeo APCA e o Premio Machado de Assis da Fundación Biblioteca Nacional. Cunha estrutura non lineal está composto por 70 fragmentos. O único elo entre eles é o feito de todas as narrativas ocorreren un só día, o día 9 de maio de 2000 na cidade de São Paulo. O título da novela fai unha alusión ao poema de Cecília Meirelles, “Dos Cavalos da Inconfidência”.
A novela veu da idea de Ruffato de escribir unha especie de tributo sobre São Paulo, a cidade que o acolleu como a tantos outros brasileiros. A estrutura do libro xurdiu da incapacidade de se comprender esta metrópole, debido á súa extrema dinamicidade e multiplicidade. Así, o autor buscou outras maneiras de expor esa pluralidade no libro, valéndose de rexistros literarios e non-literarios como o estilo da publicidade, do teatro, do cinema, da música, da descrición, da narración, da poesía etc. Ruffato afirma que o libro non é no seu punto de vista unha “novela” tradicional, mais unha especie de “instalación literaria”.
Inferno Provisório En 2005 iniciou coa obraMamma, Son Tanto Felice a serie Inferno Provisório, con cinco volumes. A serie tivo continuidade con O Mundo Inimigo, publicada o mesmo ano. Despois viñeron Vista Parcial da Noite (2006), O Livro das Impossibilidades (2008) e, finalmente, Domingos sem Deus (2011).
O proxecto de Ruffato era o de ficcionalizar a historia da clase obreira brasileira desde mediados do século XX até o inicio do século XXI. Cada volume trata dun período histórico específico desa historia.
O proxecto foi concibido, segundo o autor, antes mesmo de publicar os seus dous primeiros libros. O núcleo da serie estaba nas narrativas de Os sobreviventes e de Histórias de Remorsos e Rancores. As narrativas deses dous libros foron, inclusive, reescritas e reaproveitadas para os tres primeiros volumes do proxecto. Porén, aserie só tomaría a forma final tras a publicación de Eles eram muitos cavalos. Así, desde a súa concepción a serie levou cerca de 20 anos para ser concluída.
Outras obras En 2007 foi seleccionado para participar do Proxecto “Amores Expressos”. O proxecto consistiu en apoiar viaxes a distintas cidades do mundo para escritores brasileiros co obxectivo de que estes producisen novelas coa temática do “Amor”. Ruffato viaxou a Lisboa, Portugal. En 2009, Ruffato publicou a novela Estive em Lisboa e lembrei de você, resultado da súa participación no proxecto. O libro conta a historia de Sérgio, morador de Cataguases que, debido a unha serie de infortunios da vida, ve na emigração para Portugal a solución para os seus problemas. En Lisboa vese enredado na difícil vida de emigrante.
Ruffato tamén escribiu libros de poesía con As máscaras singulares (2002) e Paráguas verdes (2011). Tamén escribiu un ensaio sobre o modernismo en Cataguases (2002). Participou de antoloxías de contos como o libro Geração 90: Manuscritos de Computador, organizado por Nelson de Oliveira. É tamén organizador de diversas antoloxías de contos, como 25 mulheres que estão fazendo a nova literatura brasileira (2005) e os contos de Luiz Fernando Emediato (2004).
Listaxe de obras
Primeiras edicións no Brasil
Novela
Eles eram muitos cavalos (2001). São Paulo: Boitempo. Mamma, son tanto felice (Inferno Provisório: Volume I) (2005). Río de Xaneiro: Record. O mundo inimigo (Inferno Provisório: Volume II). (2005). Río de Xaneiro: Record. Vista parcial da noite (Inferno Provisório: Volume III). (2006). Río de Xaneiro: Record. De mim já nem se lembra (2007). São Paulo: Moderna. O livro das impossibilidades (Inferno Provisório: Volume IV) (2008). Río de Xaneiro: Record. Estive em Lisboa e lembrei de você (2009). São Paulo: Cia das Letras. Domingos sem Deus (Inferno Provisório: Volume V) (2011). Río de Xaneiro: Record. Flores Artificiais (2014). São Paulo: Cia das Letras. O verão tardio (2019). São Paulo: Cia das Letras.
Poesía
As máscaras singulares (2002). São Paulo: Boitempo. Paráguas verdes (2011). São Paulo: Ateliê Acaia. O amor encontrado (2013). São Paulo - Edição não comercial.
Crónica
Minha primeira vez (2014). Porto Alegre: Arquipélago.
Infantil
A história certa do Sapo Luiz (2014). São Paulo: DSOP.
Ensaio
Os ases de Cataguases (uma história dos primórdios do Modernismo) (2020). Cataguases: Fundação Francisca de Souza Peixoto.
Organización de colectáneas
RUFFATO, Luiz; RUFFATO, Simone (orgs.). Fora da ordem e do progresso - São Paulo: Geração Editorial, 2004. EMEDIATO, Luiz Fernando. Trevas no paraíso: histórias de amor e guerra nos anos de chumbo - Organização de Luiz Ruffato - São Paulo: Geração Editorial, 2004. 25 mulheres que estão fazendo a nova Literatura Brasileira - Río de Xaneiro: Record, 2005. Mais 30 mulheres que estão fazendo a nova Literatura Brasileira - Río de Xaneiro: Record, 2005. Tarja preta - Río de Xaneiro: Objetiva, 2005. Quando fui outro - Río de Xaneiro: Objetiva, 2006. Entre nós: contos sobre homossexualidade - Río de Xaneiro: Língua Geral, 2007 Leituras de Escritor. Coleção Comboio de Corda - São Paulo: Edições SM, 2008. Questão de Pele - Río de Xaneiro: Língua Geral, 2009 Francisco Inácio Peixoto em Prosa e Poesia - Cataguases, Instituto Francisca de Souza Peixoto, 2008. Contos antológicos de Roniwalter Jatobá - São Paulo: Nova Alexandria, 2009. Mário de Andrade: seus contos preferidos - Río de Xaneiro: Tinta Negra, 2011. A alegria é a prova dos nove - São Paulo: Globo, 2011. Sabe com quem está falando? contos sobre corrupção e poder - Río de Xaneiro: Língua Geral, 2012.
Participación en antoloxías
Olívia. In: Marginais do Pomba - Cataguases, Fundação Cultural Francisco Inácio Peixoto, 1985, p. 69-73. O profundo silêncio das manhãs de domingo. In: Novos contistas mineiros - Porto Alegre, Mercado Aberto, 1988, p. 83-85. Lembranças. In: 21 contos pelo telefone - São Paulo, DBA, 2001, p. 73-75. O ataque. In: OLIVEIRA, Nelson de (org.). Geração 90: manuscritos de computador - São Paulo: Boitempo Editorial, 2001, p. 223-238. Depoimento. In: MARGATO, Isabel e GOMES, Renato Cordeiro (org.). Espécies de espaço: territorialidades, literatura, mídia - Belo Horizonte: Editora UFMG, 2008. O prefeito não gosta que lhe olhem nos olhos. In: PENTEADO, Rodrigo (org.). Corrupção – 18 contos. Transparência Brasil/Ateliê, 2002, p. 71-73. André (a.C.). In: DENSER, Márcia (org.). Os apóstolos – doze revelações - São Paulo: Nova Alexandria, 2002, p. 24-35. Vertigem. In: GARCIA-ROZA, Lívia (org.). Ficções fraternas - Río de Xaneiro: Record, 2003, p. 71-87. Paisagem sem história. In: FREIRE, Marcelino; OLIVEIRA, Nelson de (orgs.). PS: SP - São Paulo, Ateliê, 2003, p. 58-63. Assim. In: FREIRE, Marcelino (org.). Os cem menores contos brasileiros do século - São Paulo, Ateliê, 2004, p. 52. Paisagem sem história. In: Geração Linguagem - São Paulo, Sesc-SP/Lazuli, 2004, p.67-74. Kate (Irinéia). Inspiração - São Paulo, F.S Editor, 2004, p. 111-113. O profundo silêncio das manhãs de domingo. In: RESENDE, Beatriz (org.). A literatura latino-americana do século XXI - Río de Xaneiro, Aeroplano, 2005, p. 56-66. Sem remédio. In: Tarja preta - Río de Xaneiro, Objetiva, 2005, p. 65-77. Cicatrizes (uma história de futebol). In: COELHO, Eduardo (org.). Donos da bola - Río de Xaneiro, Língua Geral, 2006, p. 86-96. Mirim. In: LAJOLO, Marisa (org.). Histórias de quadros e leitores - São Paulo, Moderna, 2006, p. 75-81. Trens. In: MORAES, Angélica (org.). O trem – crônicas e contos em torno da obra de Thomaz Ianelli - São Paulo, Metalivros, 2006, p. 57-63. O repositor. In: GONÇALVES, Magaly Trindade; AQUINO, Zélia Thomas; BELLODI, Zina C. (orgs.). Antologia comentada de literatura brasileira – poesia e prosa - Petrópolis, Vozes, 2007, p. 533-534. Ciranda. In: OLIVEIRA, Nelson de (org.). Cenas da favela – as melhores histórias da periferia brasileira - Río de Xaneiro, Geração Editorial, 2007, p. 118-130. Paisagem sem história. In: MOREIRA, Moacyr Godoy (org.). Contos de agora – audiobook - São Paulo: Livro Falante, 2007. COELHO, Eduardo e DEBELLIAN, Marcio (orgs.). Liberdade até agora- São Paulo: Móbile, 2011.
Traducións
Alemán
Es waren viele Pferde [Eles eran moitos cabalos]. Tradución Michael Kegler. Berlín / Hamburg: Assoziation A, 2012. Mama, es geht mir gut [Mamá son tan feliz]. Tradución de Michael Kegler. Berlín / Hamburg: Assoziation A, 2013 Feindliche Welt [Mundo inimigo]. Tradución de Michael Kegler. Berlin / Hamburg: Assoziation A, 2014 Ich war in Lissabon und dachte an dich [Estiven en Lisboa e lembreime de vostede]. Berlin / Hamburg: Assoziation A, 2015 Teilansicht der Nacht [Vista parcial da noite]. Tradución de Michael Kegler. Berlín / Hamburg: Assoziation A, 2017 Das Buch der Unmöglichkeiten [O libro das impossibilidades]. Tradución de Michael Kegler. Berlín / Hamburg: Assoziation A, 2019.
Español
Ellos eran muchos caballos [Eles eram muitos cavalos]. Tradución Mario Camara. Buenos Aires: Eterna Cadencia, 2010. Estuve en Lisboa y me acordé de ti. [Estive em Lisboa e lembrei de você]. Tradución Mario Camara. Buenos Aires: Eterna Cadencia, 2011. Mamma, son tanto Felice. Tradución Maria Cristina Hernández Escobar. Cidade de México: Elephas, 2011. El mundo enemigo [O mundo inimigo]. Tradución Maria Cristina Hernández Escobar. Cidade de México: Elephas, 2012. Ellos eran muchos caballos [Eles eram muitos cavalos]. Tradución Mario Camara. Bogotá: Rey + Naranjo, 2012. Vista parcial de la noche [Vista parcial da norte]. Tradución Maria Cristina Hernández Escobar. Cidade de México: Elephas, 2014. El libro de las imposibilidades [O livro das impossibilidades]. Tradución Paula Abramo. Cidade de México: Elephas, 2015. Domingos sin Dios [Domingos sem Deus]. Tradución Paula Abramo. Cidade de México: Elephas, 2016. De mí ya ni te acuerdas [De mim já nem se lembra]. Tradución Paula Abramo. Guadalajara: Pollo Blanco, 2018. Lo que nos une. Tradución Paula Abramo, Pablo Cardellino, Ezequiel Zaidenwerg. Cidade de México: Brigada para Leer en Libertad, 2019.
Francés
Tant et tant de chevaux [Eles eran moitos cabalos]. Tradución Jacques Thiériot. París: Éditions Métailié, 2005. Des gens heureux [Mamá, son tan feliz]. Tradución Jacques Thiériot. París: Éditions Métailié, 2007.