Pedro Martínez de la Rosa, nado en Cardedeu o 24 de febreiro de 1971 é un piloto español de Fórmula Un. Participou en 107 Grandes Premios cos equipos Arrows, Jaguar, McLaren e Sauber, e HRT. Debutou o 7 de marzo de 1999, converténdose nun dos poucos pilotos que anotaron un punto na súa primeira carreira. Logrou un total de 35 puntos no campionato, que inclúe un podio no Gran Premio de Hungría de 2006.
O 21 de novembro de 2011, anunciouse que De la Rosa asinou un contrato de dous anos para pilotar co equipo HRT F1. Coa retirada do equipo HRT en 2013, quedou sen asento para a tempada . O 16 de xaneiro de 2013, de la Rosa foi anunciado como piloto probador de Ferrari para a tempada de Fórmula 1 de .
Inicios A diferenza da maioría dos pilotos, comezou a súa carreira en coches de radio control, especializado en 1:08 off-road. Gañou o campionato europeo de radio control off-road en dúas ocasións en 1983 e 1984 e foi finalista no campionato do mundo en 1986 Despois en 1988, xa con 17 anos empezou no karting. Logo participou no campionato da Fórmula Fiat español e converteuse en campión en 1989.
Andaina profesional
En 1990, de la Rosa competiu no campionato español de Fórmula Ford 1600 e converteuse en campión. Logo marchou a competir no campionato británico de Fórmula Ford 1600 e conseguiu dous podios de seis carreiras. En 1991, De la Rosa conseguiu o cuarto posto no Campionato de Fórmula Renault español con tres podios. En 1992 participou á vez no campionato europeo e británico da Fórmula Renault. Participou no campionato británico de Fórmula e os seguintes dous anos. En 1995, marchou ao Xapón onde proclamouse campión da Fórmula 3 xaponesa e foi terceiro no Gran Premio de Macau. En 1996, terminou oitavo tanto na Fórmula Nippon como na All Japan GT Championship. Ao ano seguinte foi campión na Fórmula Nippon. Tamén foi o campión do All Japan GT xunto a Michael Krumm.
Fórmula 1 (1999-2013) Arrows (1999-2000) En , de la Rosa foi piloto de probas de Jordan. No ano seguinte, uniuse a Arrows e anotou un punto do campionato do mundo ao terminar sexto na súa primeira carreira, o Gran Premio de Australia de 1999. Regularmente clasificou por diante do seu compañeiro de equipo, o máis experimentado Toranosuke Takagi. No ano 2000 permaneceu en Arrows xunto ó holandés Jos Verstappen. Anotou dous puntos, terminando sexto no Gran Premio de Alemaña e no Gran Premio de Europa. Verstappen comentou a metade de tempada que el e de la Rosa 'traballamos ben xuntos e temos unha boa relación'. Durante a tempada 2000, o equipo Arrows participou nunha serie de televisión de 13 capítulos chamado 'Racing Arrows', que seguiu o equipo e os pilotos ao longo do ano. Emitiuse na canle de televisión británica ITV en 2001.
miniatura|right|De la Rosa pilotando un Jaguar no Gran Premio do Canadá de 2001
Jaguar (2001-2002) Correu durante dous anos con Jaguar Racing xunto a Eddie Irvine, anotou 3 puntos en , un quinto posto no Gran Premio de Italia (Monza, 16/9/2001), e un sexto en Canadá (10/5/2001) e ningún en . Ao final da tempada 2002 Jaguar cesouno aínda que o seu contrato expiraba ao final de 2003.
McLaren (2003–2009) miniatura|left|De la Rosa no Gran Premio do Canadá de 2005, como terceiro piloto miniatura|left|De la Rosa no Gran Premio do Brasil de 2006
De la Rosa é contratado como piloto de probas de McLaren, pero participou no Gran Premio de Bahrein de 2005 cando Juan Pablo Montoya lesionouse o ombreiro. Terminou quinto e marcou a volta rápida en carreira.
O 11 de xullo de 2006 anunciouse que De la Rosa faríase cargo do segundo asento de McLaren con efecto inmediato logo da marcha de Juan Pablo Montoya á NASCAR. Aínda que non estaba claro se quedaría co asento ata o final da tempada, pero varios resultados satisfactorios levárono a continuar.
No Gran Premio de Hungría de 2006 de la Rosa conseguiu o seu primeiro podio, chegando segundo detrás de Jenson Button.
Logo dun longo período de especulación sobre quen sería compañeiro de equipo de Fernando Alonso en , foi Lewis Hamilton quen quedou co asento. De la Rosa continuou como piloto de probas do equipo.
Na tempada compaxinou as súas tarefas de probador coa de comentarista das carreiras da emisora española Telecinco. Logo da súa ausencia en 2006 regresou ao micrófono en 2007.
As novas de 2007 vinculaban a de la Rosa co retorno ás carreiras de F1 co novo equipo Prodrive, que creouse para facer o seu debut na tempada . As especulacións suxerían que Prodrive formaríase co apoio do equipo McLaren, e que de la Rosa, xunto co seu compañeiro probador Gary Paffett correrían nel na súa primeira tempada. Pero, o equipo non puido estar na grella da nova tempada, e para 2008, de la Rosa mantívose como piloto de probas de McLaren. miniatura|right|De la Rosa probando un McLaren no Circuíto de Cataluña en 2008 De la Rosa tamén estivo implicado na controversia de espionaxe en torno ao seu equipo e os rivais de Ferrari. Coas probas achegadas por el e o seu compañeiro de equipo Fernando Alonso, a FIA excluíu ao equipo do Campionato de Construtores de 2007, e sancionouno cunha multa récord de 100 $ millóns.
Antes do inicio do Gran Premio de Australia de 2008, de la Rosa foi elixido como o novo presidente da Asociación de Pilotos de Grand Prix (GPDA) logo dunha votación unánime. Substituíu o retirado Ralf Schumacher. Quedou en McLaren en 2009, e en xaneiro de 2010 converteuse no quinto piloto de probas con máis experiencia na historia, en termos de días de proba. Anunciou que desexaba renunciar á función de presidente da GPDA, trala finalización do seu contrato para pilotar con Sauber en 2010, e foi substituído no cargo por Nick Heidfeld no Gran Premio de Australia.
BMW Sauber/Sauber (2010–2011) miniatura|right|De la Rosa pilotando un BMW Sauber no Gran Premio de Malaisia de 2010
O día 19 de xaneiro de 2010, o recentemente resucitado equipo Sauber anuncia a fichaxe de De la Rosa. O seu compañeiro de equipo en Sauber foi o piloto xaponés Kamui Kobayashi que destacara en Toyota durante as dúas últimas carreiras da tempada de Fórmula Un.
De la Rosa terminou sete das trece carreiras nas que participou na tempada , e anotou seis puntos nunha única clasificación en postos de puntuación, un sétimo lugar no Gran Premio de Hungría de 2010. De la Rosa cualificou entre os dez primeiros en dúas ocasións, en Silverstone e en Hungría xa que tanto el como o seu compañeiro Kobayashi loitaron con problemas de fiabilidade na maioría da tempada.
Sauber substituíuno do seu asento en carreira en favor de Nick Heidfeld tralo Gran Premio de Italia. De la Rosa substituíu a Heidfeld como piloto de probas para en Pirelli, á espera do seu regreso a Fórmula 1 para a tempada .
Logo do accidente en Mónaco de Sergio Pérez, de la Rosa Substituíuno no equipo Sauber no Gran Premio do Canadá de 2011, logo de que Pérez decidira logo da primeira sesión de adestramentos libres do venres, non participar o resto da fin de semana. De la Rosa logrou manterse fóra de problemas durante toda a primeira parte da carreira, afectada por fortes choivas, ía noveno antes de que unha bandeira vermella suspendera a carreira. Finalmente terminou 12º logo de ter un contacto pouco despois da reanudación polo que requiriu unha nova á.
Regreso a McLaren en O 9 de marzo de 2011, McLaren anunciou que De la Rosa regresaba ao equipo como piloto de probas e reserva.
HRT miniatura|right|De la Rosa pilotando un HRT no Gran Premio de Malaisia de 2012. O 21 de novembro de 2011, anunciouse que De la Rosa asinou con HRT F1 nun contrato de dous anos. O seu compañeiro de equipo era o piloto da India Narain Karthikeyan. Ningún dos dous pilotos lograron clasificarse para a primeira carreira da tempada en Australia, de la Rosa só puido completar sete voltas cronometradas durante a fin de semana. No seguinte fin de semana en Malaisia, foi capaz de cualificar e terminar 22º na carreira logo de recibir unha penalización logo do reinicio da carreira, máis tarde foi ascendido ao posto 21 debido á penalización de 20 segundos de Karthikeyan por un incidente con Sebastian Vettel.
miniatura|De la Rosa no Gran Premio dos Estados Unidos de 2012
De la Rosa clasificouse por diante de Karthikeyan, unha vez máis, en China, e rematou 21º, cunha volta menos que o gañador da carreira. En Bahrain, terminou 20º logo de cualificar 22º, aínda que logo da carreira, admitiu que o equipo aínda necesita "gañar algo de velocidade por volta" para loitar contra os seus rivais cunha base consistente. A raíz disto, de la Rosa acabou a súa carreira de casa por primeira vez desde o 1999 no posto 19º, o último de todos os pilotos clasificados. Pero non puido completar o Gran Premio de Mónaco debido a unha colisión con Pastor Maldonado ao comezo da carreira.
Ferrari (2013)
O 16 de xaneiro, Ferrari anunciou que de la Rosa firmou un contrato co equipo, para axudar cos seus recursos no simulador. O 24 de xaneiro Ferrari anunciou que de la Rosa podería compartir o seu traballo co de piloto probador no seu desafío 2013, no F138 de Felipe Massa na primeira proba da tempada, a partir do 5 de febreiro en Xerez.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Puntos Repsol Arrows Arrows A20 Arrows T2-F1 3.0 V10 AUS6 BRARet SMRRet MONRet ESP11 CANRet FRA11 RURet AUTRet ALERet HUN15 BELRet ITARet EURRet MALRet XPN13 18º 1 Arrows F1 Team Arrows A21 Supertec FB02 3.0 V10 AUSRet BRA8 SMRRet RURet ESPRet EUR6 MONRet CANRet FRARet AUTRet ALE6 HUN16 BEL16 ITARet USARet XPN12 MALRet 16º 2 Jaguar Racing Jaguar R2 Cosworth CR-3 3.0 V10 AUS MAL BRA SMR ESPRet AUTRet MONRet CAN6 EUR8 FRA14 RU12 ALERet HUN11 BELRet ITA5 USA12 XPNRet 16º 3 Jaguar Racing Jaguar R3/R3B Cosworth CR-3 3.0 V10/CR-4 3.0 V10 AUS8 MAL10 BRA8 SMRRet ESPRet AUTRet MON10 CANRet EUR11 RU11 FRA9 ALERet HUN13 BELRet ITARet USARet XPNRet 21º 0 West McLaren Mercedes McLaren MP4-20 Mercedes FO 110R 3.0 V10 AUSPP MALPP BHR5 SMRPP ESPPP MON EUR CANPP USAPP FRAPP RUPP ALE HUN TURPP ITAPP BEL BRA XPNPP CHNPP 20º 4 Team McLaren Mercedes McLaren MP4-21 Mercedes FO 108S 2.4 V8 BHR MAL AUS SMR EUR ESP MON RU CAN USA FRA7 ALERet HUN2 TUR5 ITARet CHN5 XPN11 BRA8 11º 19 Sauber Sauber C29 Ferrari 056 2.4 V8 BHRRet AUS12 MALNTS CHNRet ESPRet MONRet TUR11 CANRet EUR12 RURet ALE14 HUN7 BEL11 ITA14 SIN XPN COR BRA ABU 17º 6 Sauber F1 Team Sauber C30 Ferrari 056 2.4 V8 AUS MAL CHN TUR ESP MON CAN12 EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU BRA 20º 0 HRT F1 Team Hispania F112 Cosworth CA2012 V8 AUSNSC MAL21 CHN21 BAH20 ESP19 MONRet CANRet EUR17 RU20 ALE21 HUN22 BEL18 ITA18 SIN17 XPN18 CORRet INDRet ABU17 USA21 BRA17 25º 0
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
www.pedrodelarosa.com .
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de España Martínez de la Rosa, Pedro Martínez de la Rosa, Pedro Martínez de la Rosa, Pedro Martínez de la Rosa, Pedro Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Cardedeu