Daniel Llorente Rey, nado en Vitoria o 3 de novembro de 1983, é un guitarrista, compositor e multinstrumentista galego, coñecido artisticamente como Daniel Minimalia. Recibiu un Latin Grammy, un Hollywood Music in Media Award e unha medalla de prata nos Global Music Awards.
Traxectoria Naceu en Vitoria mais aos tres anos a súa familia foi vivir en Ourense. Comezou a tocar a guitarra de xeito autodidacta aos 13 anos.
Despois de militar en grupos de rock e folk, emprendeu o seu proxecto persoal que o levou a tocar entre España e os Estados Unidos. Entre a súa música aprécianse diferentes influencias que transitan desde o folk, flamenco, rock progresivo, blues ou música clásica, que o converteu nun referente da música instrumental no ámbito nacional e internacional.
Nos anos 2017 e 2020 foi nomeado ao premio Latin Grammy como "Mellor Álbum Instrumental", levando o recoñecemento no ano 2020 co seu álbum Terra publicado pola discográfica Rose Records.
En xaneiro de 2021 gañou o "Hollywood Music Award" polo tema "Flor de Leyenda". Foi o primeiro músico español en ter dous galardóns da academia de Holllywood.
Discografía
2011: Akainik. EP: "Akainik", "Sonata para un día cualquiera", "Páramos Lejanos", "Al decir adiós". CD dixital Zouma Records. 2012: Contos Sonoros: "Páramos Lejanos", "Sonata para un día cualquiera", "La vida nunca dura lo suficiente", "Akainik", "Raíces", "El vals del trapecista", "En calma", "El eco de un sueño", "Interferencias", "Un extraño viaje", "La piel de una gota", "Al decir adiós". CD dixital Zouma Records. 2014: Arenas de Luna: "Latidos", "Olas del sur", "El estanque", "Arenas de Luna", "Si desvaneces", "Párvula esencia", "Al decir adiós" (OV), "Electricidad", "Contramarea". CD dixital Zouma Records. 2016: Orixe: "Acqua", "Epika", "Moraima", "Butter Butter" (Ft. Kepa Junkera), "Auria" (en directo), "Olas Del Sur" (En directo), "Life..." (En directo), "Restos", "Big Bang", "Para que soñes". CD dixital Zouma Records. 2020: Terra.
Recompilatorios
Esencial (2017)
Premios e nomeamentos AnoTraballo nomeadoPremioCategoríaResultado2013AkainikHollywood Music in Media AwardsMellor canción New Age2013Al decir adiósHollywood Music in Media AwardsMellor canción clásica2015Olas del SurHollywood Music in Media AwardsMellor tema World2015Olas del SurGlobal Music AwardsMellor instrumentalista2015Olas del SurHollywood Music in Media AwardsMellor videoclip2015LatidosHollywood Music in Media AwardsMellor canción World2017OrigenLatin GrammyMellor álbum instrumental 2020TerraLatin GrammyMellor álbum instrumental 2021Flor de leyendaHollywood Music in Media AwardsMellor canción Pop/Rock Latino
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Daniel Minimalia en Acceso Total (Telemundo52) Daniel Minimalia en La noche (Cadea COPE) Daniel Minimalia entrevista en ABC Daniel Minimalia entrevista en Discópolis de Radio3 (Radio Nacional de España) Masterclass de Daniel Minimalia en 6x3 de Radio3 (Radio Nacional de España) Daniel Minimalia en Europa Press
Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1983