A Federación Internacional do Automóbil (en ), usualmente referida como a FIA, é unha asociación sen fins de lucro establecida como a Asociación Internacional de Clubs de Automóbiles Reconnus (AIACR) o 20 de xuño de 1904 para representar os intereses das organizacións de tráfico e os usuarios de automóbiles. Para o público en xeral, a FIA é o ente que regula as principais competencias en materia de automobilismo.

Ten a súa sede principal no nº 8 da Place de la Concorde, París, Francia, componse de 244 organizacións nacionais afiliadas en 146 países en todo o mundo. O seu actual presidente é Mohamed Ben Sulayem.

En 1950, organizaron o primeiro campionato mundial automobilístico, actualmente coñecido como a Fórmula 1.

En 1973, a FIA estendeu o seu alcance para incluír carreiras de rally, e o Rally de Monte Carlo foi o primeiro evento dese tipo organizado pola FIA.

O seu papel máis destacado é o otorgamiento de licenzas e arbitraxe das carreiras de Fórmula Un.

Historia

A Association Internationale des Automobile Clubs Reconnus (AIACR) foi fundada en París o 20 de xuño de 1904.

En 1922, a FIA delegou a organización das carreiras de automóbiles á Comisión Deportiva Internacional (CSI), un comité autónomo que máis tarde converteuse na Federación Internacional do Deporte do Automóbil (FISA). A reestruturación da FIA en 1993 levou á desaparición da FISA, pondo o automobilismo baixo a xestión directa da FIA.

Eventos A FIA actualmente regula entre outros os seguintes eventos:

Campionato mundial de Fórmula 1 da FIA Campionato mundial de Rallye da FIA Campionato mundial de GP2 da FIA Campionato GT da FIA Campionato mundial de Karting CIK-FIA Campionato europeo de Touring Car da FIA Copa europea de camións da FIA Copa mundial de Rally Cross-Country da FIA Campionato de carreiras Drag da FIA Campionato europeo de Autocross da FIA Campionato europeo de Rallycross da FIA Copa de enerxías alternas da FIA

Notas

Véxase tamén Federación Internacional de Motociclismo

Ligazóns externas Páxina da FIA .

Categoría:Automobilismo Categoría:Organismos da Fórmula 1