Na mitoloxía grega, as Pléiades (en grego antigo Πλειας Pleias, "moitas"; Πλειάδες Pleiádes, "fillas de Pléione"; ou Πελειαδες Peleiades, "pombas") (tamén chamadas Atlántides, polo seu pai) eran as sete fillas do titán Atlas e a ninfa mariña Pléione, nacidas no monte Cilene: Alcíone, Mérope, Celeno, Electra, Estérope, Táixete e Maia.
Mitoloxía miniatura|300 px|Constelación das Pléiades, na que se identifican as sete pléiades e os pais, Atlas e Pléione Alcíone e Celeno casaron con Poseidón; unha das descendentes da primeira foi Antíope, unha das amantes de Zeus, que tamén mantivo relacións con outras pléiades (con Maia tivo a Hermes; con Táixete tivo a Lacedemón). Estérope tivo un fillo con Ares.
As Pléiades foron ninfas na corte de Artemisa, compartían a afección pola caza desta e, como ela, intentaban manter a súa virxindade.
Os mitógrafos afirman que unha delas era case invisible, pero mentres uns din que era Electra, outros afirman que foi Mérope (que casou con Sísifo, un mortal, e perdeu o brillo que tiñan as irmás; por iso a estrela que leva o seu nome é a menos brillante da constelación). Por veces, a ninfa Calipso e Dione tamén son consideradas como Pléiades.
A lenda conta que estando as sete mozas coa nai Pléione, achegouse Orión, un xigante cazador que se namorou delas e, ó ser rexeitado, perseguiunas durante cinco anos. As rapazas foron transformadas en pombas e Zeus apiadouse e converteunas nas estrelas da constelación do seu nome (catasterismo), á vez que converteu a Orión na constelación homónima. Crese que, no ceo, Orión segue perseguíndoas.
Outras lendas esta transformación pola dor que lles produciu ver o seu pai Atlas condenado a soster o mundo sobre os seus ombreiros, como castigo por apoiar os Xigantes na guerra contra Zeus (Xigantomaquia).
Trala caída de Troia, Electra foi transformada en cometa.
As Pléiades e a agricultura
Hesíodo utiliza a presenza das Pléiades no ceo para marcar dous momentos fundamentais para o agricultor: a sega o 14 de maio, cando aparecen antes de saír o sol; e a sementeira o 3 de novembro, cando desaparecen tras saír o sol.
Véxase tamén
Bibliografía GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: Trabajos y días, en Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
Categoría:Ninfas