A colisión aérea en Zagreb de 1976 foi un accidente o 10 de setembro de 1976 preto de Zagreb entre o voo 476 de British Airways, un Hawker Siddeley Trident que voaba de Londres a Istanbul, e o voo 550 de Inex-Adria Aviopromet, un Douglas DC-9 en ruta dende Split ata Colonia. A colisión foi o resultado dun erro de procedemento dos controladores de tráfico aéreo de Zagreb.

As 176 persoas a bordo dos dous avións morreron, sendo no seu momento a peor colisión aérea do mundo. Trátase tamén do peor accidente ocorrido tanto en Croacia como na antiga Iugoslavia.

Os voos O voo 476 de British Airways engalou do aeroporto de Londres-Heathrow cara ao aeroporto de Istanbul Atatürk ás 08:32 UTC con 54 pasaxeiros e 9 tripulantes a bordo. Nos controis do Trident 3B estaba o experimentado capitán Dennis Tann (nado en 1932), que tiña 10 781 horas de voo. Estaba acompañado polo primeiro oficial Brian Helm e o primeiro oficial en funcións Martin Flint.

O voo 550 de Inex-Adria engalou do aeroporto de Split ás 09:48 UTC cara ao aeroporto de Colonia/Bonn. O avión levaba 108 pasaxeiros, principalmente turistas alemáns que regresaban a casa tras unha vacacións na costa dálmata, e 5 tripulantes. O piloto era o capitán Jože Krumpak (nado en 1925), que acumulaba 10 157 horas de voo, e o primeiro oficial era Dušan Ivanuš. Inex-Adria era unha aeroliña chárter baseada en Eslovenia, unha das repúblicas que formaban a federación de Iugoslavia.

Ambos voos procederon sen incidentes ata que se achegaron ao VOR de Zagreb.

Control de tráfico aéreo A mediados dos anos 70 a rexión de control de tráfico aéreo de Zagreb era unha das máis concurridas de Europa a pesar de estar pobremente manexada e equipada. O VOR de Zagreb era un punto de informe para varias das conxestionadas aerovías entre o norte e o sur de Europa e as que levaban a Oriente Medio e máis aló. O espazo aéreo estaba dividido en tres sectores de altitude: o sector inferior por baixo dos 25 000 pés (7 600 m), o sector medio de 25 000 a 31 000 pés (7 600 - 9 400 m), e o sector superior por riba dos 31 000 pés.

Accidente

Notas

Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1976 Categoría:Accidentes e incidentes de McDonnell Douglas DC-9 Categoría:Accidentes e incidentes de Adria Airways Categoría:Accidentes e incidentes de British Airways