Leopoldo Rojo Iglesias, nado en Tezán, Fanoi (Abadín) o 23 de marzo de 1888 e finado na mesma parroquia o 21 de xaneiro de 1985, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria Fillo único de Aquilino Rojo Cordero e Remedios Iglesias Barja. Estudou no Seminario de Mondoñedo, onde foi compañeiro e amigo de Ramón Lorenzo González. Fixo o bacharelato no Instituto de Lugo.El Norte de Galicia, 2-10-1908, p. 2. Colaborou en Mondoñedo, La Voz de Mondoñedo e Don Fino de Mondoñedo, onde publicou artigos e poemas, na maioría dos casos con pseudónimo, e ¡Guau... Guau! de Foz.
Comezou a escribir unha obra de teatro co título O Cacique,O cacique. Leopoldo Rojo Iglesias que non chegou a rematar. Obtivo un accesit nos Xogos Florais das Festas de San Froilán de 1915 polo poema "Escribín pra cinco temas dos postos n'este concurso etc".La Voz de la Verdad, 6-10-1915, p. 1. Acadou unha mención honorífica polo poema "A miña vivenda" na Festa da Poesía organizada pola Asociación da Prensa de Lugo en 1933,El Progreso, 7-10-1933, p. 1. que despois publicou El Progreso.El Progreso, 11-10-1933, p. 1.
Militante de Izquierda Republicana, logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi o delegado gobernativo que deu posesión á nova corporación de Abadín presidida por Ángel Verdes Saavedra,El Pueblo Gallego, 17-3-1936, p. 15. sendo el mesmo nomeado concelleiro. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expendientado e sancionado por responsabilidades políticas.BOE, 3-10-1940, p. 4617.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Un colaborador de la prensa mindoniense Ficha en Represión franquista en Lugo Labrada e os labradeses.
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Abadín Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Dramaturgos en lingua galega