Joaquín Chapaprieta Torregrosa, nado en Torrevieja (provincia de Alacant) o 26 de outubro de 1871 e finado e Madrid o 29 de abril de 1951, foi un político español.
Traxectoria Deputado provincial (1898) e deputado a Cortes con Sagasta (1901) por Cieza (Murcia) e en 1905 por Loja (Granada), dirixiu posteriormente a esquerda liberal. En 1910 foi elixido deputado polo distrito de Ordes, en 1914 polo de Noia, polo que volveu ser elixido en 1916. Desempeñou a carteira de Traballo en 1922 e, á chegada da República, foi elixido deputado con Lerroux (1933). En 1935, tralo escándalo do estraperlo de Lerroux, ocupou a presidencia do Consello de ministros (xefe do goberno) co apoio da CEDA e os agrarios. Finalmente, no gabinete de Manuel Portela Valladares desempeñou a carteira de Facenda (1935-1936).
Obras Voto particular y discurso pronunciado por D. Joaquín Chapaprieta sobre la totalidad del Presupuesto para 1920-1921, Madrid (1920). Proyecto de Ley sobre Fomento de la Edificación, Madrid (1923). Proyecto de Ley de Oficinas de colocación y seguro contra el paro forzoso y Proyecto de Ley para estimular la creación de Cotos Sociales de Previsión, Madrid (1924). Proyecto de Ley del régimen de la tierra, Madrid (1924). La paz fue posible: memorias de un politico. Prólogo de J. Chapaprieta Otsein.
Véxase tamén
Categoría:Políticos da Comunidade Valenciana Categoría:Ministros da Segunda República Española Categoría:Nados en Torrevieja Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Deputados nas Cortes da II República