O plural en galego fórmase utilizando as seguintes regras:
Cando unha palabra remata en -n, hai que engadir un -s
singular plural can cans pantalón pantalóns son sons
Cando unha palabra remata en -l, ten máis dunha sílaba e se pronuncia cargando a voz ao final (aguda), hai que suprimir o -l e engadir -is
singular plural animal animais papel papeis candil candís farol farois xornal xornais
Pero, cando unha palabra non é aguda, o plural faise engadindo -es
singular plural dócil dóciles difícil difíciles
Cando unha palabra remata en vogal acentuada ou en ditongo, hai que engadir -s
singular plural avó avós lei leis rei reis
Para o resto das palabras, se remata en vogal engadimos -s, e se remata en consoante engádese -es:
singular plural neno nenos fácil fáciles muller mulleres tío tíos flor flores mal males cor cores
Categoría:Gramática da lingua galega