O Bolo (do latín bullum, 'outeiro') é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1013 habitantes (1326 en 2003). O xentilicio é .
Demografía Censo rotal 1013 (2014) Menores de 15 anos 53 (5,23 %) Entre 15 e 64 anos 459 (45,31 %) Maiores de 65 anos 501 (49,45 %)
Xeografía O concello, de 91,17 km², abrangue dezaoito parroquias. Limita ao norte cos municipios de Petín e Larouco, ao sur con Viana do Bolo, ao leste coa Veiga e ao oeste con Manzaneda. Pertence ao partido xudicial de Trives e á diocese de Astorga.
Sitúase entre os ríos Bibei e o Xares, na depresión do Bolo, que separa o macizo de Manzaneda das Serras de Trevinca e Segundeira. Ten un relevo montañoso e accidentado, cunha depresión e unha unidade de máis altura cara ao oeste. A Fraga da Ramalla, cara ao norte, acada os 1.200 m de altitude.
A estrada C-533 enlaza o concello coa autovía A-52 e coa estrada N-120.
Historia Antes da romanización de Galicia este territorio estaba ocupado polo pobo dos Németas, que terían a súa capital en Volobriga.
Durante a idade media A zona pertenceu ao condado de Lemos. Pedro I de Castela concedeu privilexios á vila do Bolo polo seu apoio a loita contra o seu irmán Henrique II. O castelo do Bolo foi derruído na Gran Guerra Irmandiña e reedificado por orde do conde de Benavente, Juan de Pimentel. Logo de diversos preitos entre a nobreza e a vila, os habitantes do Bolo pasaron a estar directamente baixo xurisdición real a finais do século XVI. No século XVIII o castelo é abandonado.
Durante a guerra da independencia española os habitantes da comarca de Valdeorras, liderados polo abade Casoio, impediron o paso do xeneral Soult. En 1812 creouse o municipio do Bolo. No Trienio liberal a maior parte da comarca pasou a formar parte da provincia do Bierzo, agás O Bolo, que foi adscrito á provincia de Ourense.
Patrimonio A Torre do Bolo localízase nun lugar posiblemente ocupado anteriormente por un poboado castrexo. Consérvase a torre da homenaxe -de planta cadrada-, o alxibe e murallas co adarve. A torre acolle un centro de interpretación.
O Santuario de Nosa Señora das Ermidas, declarado Ben de Interese Cultural, é de arquitectura barroca do século XVIII.
A capela da Virxe dos Navallos está nun cruzamento de camiños do mesmo nome, e estaba situada orixinalmente no lugar da Pedra do Sol, onde se atopou unha ara romana adicada a este astro, do que recibe o nome. O templo é de orixe románica e tivo diversas restauracións. A fachada é de 1420.
En Mondón construíuse en 1903 un balneario de augas ferruxinosas.
Economía Na economía local destaca o sector primario. Dentro do sector vitícola hai viños da Denominación de Orixe Valdeorras.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares do Bolo Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Bolo vexa: Lugares do Bolo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas www.obolo.es , páxina oficial do concello.
Categoría:O Bolo