Os gránulos específicos son vesículas secretoras que se encontran exclusivamente en células do sistema inmunitario chamadas granulocitos.
Aínda que ás veces o termo se describe como aplicado especificamente a neutrófilos, outras veces se aplica tamén a outros tipos de células.
Estes gránulos almacenan unha mestura de moléculas citotóxicas, entre as que hai moitos enzimas e péptidos antimicrobianos, que se liberan por un proceso de desgranulación despois da activación dos granulocitos por un estímulo inmunitario.
Os gránulos específicos son tamén denominados gránulos secundarios. Durante o desenvolvemento dos granulocitos, unha das células iniciais, o promielocito, ten só gránulos azurófilos (primarios), pero despois este se transforma en mielocito e aparecen os gránulos específicos (secundarios). O mielocito dá lugar aos distintos tipos de granulocitos e en cada un o contido dos gránulos é diferente.
Contido Exemplos de moléculas citotóxicas almacenadas nos gránulos específicos en diferentes granulocitos son:
Neutrófilo: fosfatase alcalina, lactoferrina, lisozima, NADPH oxidase. Eosinófilo: catepsina, proteína básica maior. Basófilo: heparina, histamina (non directamente citotóxica).
Importancia clínica Unha deficiencia en gránulos específicos pode ser asociada co xene CEBPE.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Neutrophil granules at sav.sk
Categoría:Orgánulos Categoría:Inmunoloxía