Timothy Nigel Peake, nado en Chichester o 7 de abril de 1972, é un astronauta británico que formou parte da misión Soiuz TMA-19M e foi membro das expedicións 46 e 47 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Peake graduouse como oficial na Real Academia Militar de Sandhurst en 1992 e máis tarde na Escola de Pilotos de Proba do Imperio en 2005. Na Universidade de Portsmouth graduouse en dinámica e avaliación de voo en 2006.
Foi seleccionado como astronauta pola ESA en maio de 2009, participando na misión Soiuz TMA-19M e sendo membro das expedicións 46 e 47 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 185,92 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-19M Expedición 46 Expedición 47 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas do Reino Unido Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Inglaterra