PehuenSat 1 é un satélite artificial da Arxentina lanzado o 10 de xaneiro de 2007 mediante un foguete PSLV desde o Centro Espacial de Sriharikota.
Características PehuenSat 1 é un nanosatélite arxentino de só 6 kg de masa alimentado por células solares. É unha colaboración entre AATE, a Universidade Nacional do Comahue e AMSAT Argentina. O obxectivo do satélite era gañar experiencia na construción e planificación de satélites. PehuenSat 1 quedou acaroado a unha estrutura da etapa superior do seu foguete lanzador.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos PSLV
Categoría:Satélites artificiais