Francesco Gnecchi, nado o 8 de setembro de 1847 en Milán e finado o 15 de xuño de 1919 en Roma, foi un numismático e pintor italiano.Gorini, G. (2002) . Páxina 65.Parise, N. (2001).

O seu traballo máis salientable é Medaglioni romani ("Medallóns romanos"), publicado en tres volumes en 1912.Véxase (1912) en "Publicacións".

Traxectoria Gnecchi procedía dunha familia adiñeirada de comerciantes de seda, fillo de Giuseppe Gnecchi e de Giuseppina Turati. Ata os 18 anos estudou nun colexio relixioso da orde dos Barnabitas en Monza e posteriormente comezou os seus estudos de Xurisprudencia na Universidade de Pavia.

En 1866 alistouse no exército como voluntario na guerra contra Austria.

Ata 1875 compaxinou a súa dedicación á pintura co traballo coa empresa familiar e, ese ano pasou a formar parte da sociedade Figli di Giuseppe Antonio Gnecchi, dedicada ao sector téxtil. Porén, en 1878 a familia vendeu o negocio e Francesco comezou a ocupar postos directivos en diversas compañías lombardas.

Pintor miniatura|261x261px|Il Sempione dal Lago Maggiore (1884), de Francesco Gnecchi (Fundación Caprilo, Milán). Gnecchi iniciouse nos estudos artísticos da man de Mosè Bianchi e de Achille Formis, e dedicouse principalmente ás pinturas de paisaxes, nas que aplicou trazos característicos do naturalismo lombardo da súa época. A maioría das súas paisaxes corresponden á zona do Lago Maior, na Engiadina.

A presenza constante nas principais exposicións milanesas e en toda Italia na década entre 1881 e 1891 contribuíu a definir unha concepción profesional da súa actividade. A súa amizade con Luigi Scrosati favoreceu o seu interese pola pintura de flores.

Numismático miniatura|287x287px|Lámina de fotografías dun artigo de Francesco Gnecchi na Rivista italiana di numismatica A partir de 1870 comezou a dedicarse ao coleccionismo e ao estudo de moedas da Antiga Roma, e publicou, xunto co seu irmán Ercole (1850-1931) algúns opúsculos dedicados á clasificación da súa colección, seguindo o criterio de ordenación alfabética das lendas do reverso, característico de Henry Cohen. Os irmáns Gnecchi acabaron por repartirse, cara a 1870, os seus centros de interese: a moeda romana para Francesco e a moeda medieval Italiana para Ercole.Laffranchi, L. (1919).

Xunto con outros numismáticos, fundaron en 1888 a Rivista italiana di numismatica, dirixida inicialmente por Solone Ambrosoli e a continuación por ambos os irmáns. En 1892, Francesco participou tamén na fundación da Società numismatica italiana, xunto a outros estudosos desta disciplina.Gorini, G. (2002) . Páxina 66.

Á súa morte, en 1919, a súa colección numismática abranguía 20.000 pezas, e en 1923 foi adquirida polo Estado italiano para o Museo Nacional Romano, con sede no Palazzo Massimo alle Terme.Gorini, G. (2002) . Páxinas 66-67.

Vida familiar O 11 de febreiro de 1873 casou con Isabella Bozzotti, con quen tivo dous fillos, Cesare e Vittorio, e unha filla, Carla.

Recoñecementos (1906): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Publicacións (1884). Le monete di Milano da Carlo Magno a Vittorio Emanuele II (con E. Gnecchi). Dumolard, Milán. (1886). Guida numismatica universale. Hoepli, Milán. (1887). Le monete dei Trivulzio. Dumolard, Milán. (1889). Saggio di bibliografia numismatica delle zecche italiane medioevali e moderne. Cogliati, Milán. (1894). Monete di Milano inedite. Cogliati, Milán. (1896). Monete romane. Manuale elementare. Hoepli, Milán. (1903). Roman Coins. Elementary Manual. Spink, Londres. (1911). The coin types of imperial Rome . Spink, Londres (1912). I medaglioni romani. Hoepli, Milán. Vol. I: Oro ed argento. Vol. II: Bronzo. Pt. 1: Gran modulo. Vol. III: Bronzo. Pt. 2: Moduli minori ; Pt. 3: Medaglioni del senato.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gorini, G. (2002). "Francesco Gnecchi (1847-1919) ". En Compte Rendu 49. International Numismatic Council. Páxinas 65-67. Cesano, S. (1925). La collezione di monete romane Francesco Gnecchi. Museo Nazionale Romano. Roma. Laffranchi, L. (1919). "L'attività numismatica di Francesco Gnecchi". En Rivista italiana di nunmismatica. 32. Páxinas 151-204. Parise, N. (2001). "Gnecchi Ruscone, Francisco". En Dizionario biografico degli italiani. Vol. 57. Istituto dell'Enciclopedia Italiana, Roma.

Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1919 Categoría:Nados en Milán Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Coleccionistas Categoría:Pintores de Italia Categoría:Pintores do século XIX Categoría:Pintores do século XX Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Alumnos da Universidade de Pavia Categoría:Personalidades sen imaxes