miniatura|250px|Illa das Rosas en 1968. A República da Illa das Rosas (en ; en ) foi unha micronación de curta duración que existiu na forma dunha plataforma creada no mar Adriático, a 11 quilómetros da costa de Rimini, en Italia.
Foi construída polo enxeñeiro italiano Giorgio Rosa, quen se fixo a si mesmo presidente e declarou o estado independente o 1 de maio de 1968. A Illa das Rosas tivo o seu propio goberno, moeda, oficina postal e establecementos comerciais, e a súa lingua oficial foi o esperanto. Porén, nunca foi formalmente recoñecida como un estado soberano por ningún país do mundo. Visto polo goberno italiano como unha maneira de Rosa para obter cartos do turismo ao tempo que evadía impostos, a Illa das Rosas foi ocupada polas forzas italianas o 26 de xuño de 1968, sendo obxecto dun bloqueo naval, e posteriormente foi afundida en febreiro de 1969.
Dende a primeira década de 2000, a historia da Illa das Rosas foi obxecto de investigación en base ao aspecto utópico da súa xénese.
Na cultura popular A Illa das Rosas aparece no libro de banda deseñada italiano Martin Mystère n. 193.[Scheda di Martin Mystere n 193 L'isola delle Rose L'incredibile storia dell'Isola delle Rose, un filme de 2020 baseado na historia da micronación. Foi dirixido por Sydney Sibilia e estreouse en Netflix o 8 de decembro de 2020.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Micronacións Categoría:Esperanto