Alouatta palliata é unha especie de mono do Novo Mundo do xénero Alouatta, que habita en América Central e do Sur. Coñécense tres subespecies. Para algúns autores, Alouatta coibensis e as súas dúas subespecies tamén poden ser consideradas subespecies de A. palliata. Habita en diversos países de América Central, sendo unha das especies de primates máis comúns desa rexión, e en América do Sur só está presente en Colombia e Ecuador.

É un dos maiores monos centroamericanos e os machos poden pesar máis de 9,8 kg. Diferénciase das outras especies do xénero principalmente pola pelaxe, que é totalmente negra cun manto de cor dourada nos flancos. Pasa a maior parte do tempo descansando e durmindo. As vocalizacións poden ser escoitadas a quilómetros de distancia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas ARKive—images and movies of the mantled howler monkey (Alouatta palliata) Animal Diversity Web Infonatura

Categoría:Mamíferos de América Central Categoría:Mamíferos de Colombia Categoría:Mamíferos de Ecuador Categoría:Mamíferos de México Categoría:Animais descritos en 1849